18 de Setembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Na Deputación de Lugo trabállase moi pouco e o goberno provincial sae carísimo, asegura o PP

12-01-11

Nota de prensa

Barreiro: “o resumo da actividade da Deputación é moi sinxela: pouco traballo e moito gasto”

* O voceiro do GPPP cuantificou en case 22 millóns de euros o que lle costará ós lucenses o bipartito provincial nesta lexislatura, e eso sin contar “os numerosos cargos políticos que están a cobrar da Deputación”

* Ó ano, o presidente da Xunta e os seus 10 conselleiros cústanlle ós galegos 700.000 euros; o presidente da Deputación e o seu equipo de goberno cústanlle ós lucenses 638.000 euros

* Alertou tamén de que o goberno provincial multiplicou por dez a débeda da institución provincial

* O GPPP presentou ata o momento 70 mocións, o máximo que lle permitía o regulamento vixente, e un número relevante de preguntas

Lugo, a 12 de xaneiro de 2011.- “Na Deputación de Lugo trabállase moi pouco e o goberno provincial sae carísimo para o ineficaz que resulta. Sen esquecer o feito de que en catro anos multiplicouse por dez a débeda da institución provincial, situándoa prácticamente no límite permitido”.

Estas son algunhas das conclusións “chamativas” ás que chegaron os populares tras analizar o que “ata o momento, deu de si” esta lexislatura na institución provincial.

Así, segundo explicaron hoxe en rolda de prensa os deputados populares o custo do bipartito nestes catro anos ascenderá a máis de 21,9 millóns de euros, é dicir, “máis do que vai adicar agora a Deputación á construcción das mini residencias da terceira idade e a poñer en marcha o plan Lugo Emprega”.

Un montante que o voceiro dos populares na Deputación José Manuel Barreiro desglosou deste xeito: os preto de seis millóns dos salarios dos membros do equipo de goberno (12 dos 14 integrantes do bipartito teñen adicación o que supón 2,5 millóns de euros) e os seus 27 asesores (2,9 millóns de euros), máis os 16,341.754 euros adicados a gastos diversos.

“Uns gastos diversos que”, segundo especificou, “son de libre disposición do presidente da Deputación, sobre os que a oposición, por tanto, non podemos exercer ningún control político, dado que nos orzamentos nos se detalla a qué se destinan as diferentes partidas; pero que na súa meirante parte adícanse a abonar o custo derivado de cubrir as campañas de autopromoción do propio Gómez Besteiro”.

Engadiu ademais que as partidas adicadas a gastos diversos, pese a situación económica na que nos atopamos e que obrigou a facer recortes en outras partidas e no propio orzamento en xeral, foron incrementándose ou mantiveronse ó longo da lexislatura. Así, en 2008 consignáronse baixo este concepto 3,6 millóns, máis de tres millóns en 2009, dublicouse en 2010 ata os 5,4 millóns e, en 2011, suporán 4,1 millóns de euros.

“E todo este custo, xa de por si desmesurado, no que non se inclúen o nutrido número de cargos políticos que están a cobrar da Deputación como o Luis Rodríguez Edrosa, José Ramón Val, Teresa Facal ou Xesús Arrizado por mencionar só algúns exemplos”.

RETRIBUCIÓNS EQUIPO DE GOBERNO

Barreiro explicou que o Presidente da Deputación de Lugo cobra ó ano 68.000 euros, prácticamente o mesmo que o Presidente da Xunta “cando as diferencias entre as resposabilidades de un e outro son notorias” (máxime se se ten presente que a Xunta de Galicia xestionará en 2011 un orzamento de 9.708 millóns de euros mentres que o da Deputación ascenderá a 92.112.211,86 euros); e “6.000 euros máis que un conselleiro” e eso que, segundo se especifica na web da Deputación, as súas retribucións, en cómputo anual e contía, serán idénticas ás fixadas ou ás que se fixen no futuro para un Conselleiro da Xunta de Galicia nos Orzamentos Xerais da Comunidade Autónoma de Galicia.

“Besteiro non só cobra moito senón que, aínda por riba, tamén neste asunto incumple a súa palabra”, apuntillou.

Barreiro tamén se referiu ás retribucións dos representantes do BNG, indicando que “pese a ser contrarios a esta institucións, non lles vai mal: contan con tres asesores por cabeza; dous son vicepresidentes, polo que cada un recibe 60.000 euros anuais e o outro ten unha adicación exclusiva pola que cobra 52.000 euros”.

A este respecto, redundou en que, segundo a web da Deputación, cada vicepresidente percibe anualmente 60.000 euros; cada deputado delegado, ó igual que os que teñen adicación exclusiva, 52.000 euros; e os que teñen unha adicación parcial, 26.000 euros. “E todos son alcaldes”, engadiu.

“En resumo, o goberno da Deputación de Lugo, incluido o persoal eventual adscrito a el, supón porcentualmente o 1,5 por cento do orzamento de 2011; mentres que o coste do goberno da Xunta representa únicamente o 0,061 por cento. Ou dito doutro xeito, ó ano, o presidente da Xunta e os seus 10 conselleiros cústanlle ós galegos 700.000 euros; o presidente da Deputación e o seu equipo de goberno cústanlle ós lucenses 638.000 euros. A diferencia é notoria”, engadiu.

MíNIMA ACTIVIDADE

No que atixe á “rendabilidade” do goberno bipartito, os populares tachana de “escasa por non dicir directamente nula”. A este respecto Barreiro lembrou que o seu grupo leva toda a lexislatura poñendo de manifesto que os plenos provincias, se non fora polas iniciativas presentadas polo grupo popular, estarían vacíos de contido. “Ós feitos me remito”, salientou: o PP presentou ata o momento máis de medio cento de preguntas e 70 mocións, “todas as que, en base o regulamento vixente, podíamos presentar”.

A meirande parte delas mocións estiveron encamiñadas a promover a actividade económica e consecuentemente a creación de emprego e a defender os intereses dos sectores productivos básicos da provincia como o sector lácteo, gandeiro, pesqueiro e o comercio; así como a protexer os intereses dos lucenses ante “os abusos” do goberno central derivados do incremento de impostos ou da conxelación das pensións, e máis de medio cento de preguntas. “En definitiva”, segundo dixo, “todas elas encamiñadas a defender os intereses provinciais no ámbito nacional, autonómico e provincial” e “os nosos plantexamentos non deben ir na mala dirección porque moitas delas foron aprobadas por unanimidade”.

A este respecto, salientou, por exemplo, a moción na que se amosaban contrarios á supresión do servizo de Correos no rural, “por cento que o Sr. Besteiro puido aproveitar onte para reivindicar o mantemento deste servizo”; así como as referidas á creación da autoridade portuaria de Lugo; a pedir melloras para o ferrocarril convencional na provicia; para que se cumpriran os compromisos adquiridos por Fomento con Lugo no que respecta ó AVE e ás autovías; para que se aplicara unha moratoria na lei gubernamental sobre financiación local; para que se mantivera a titulación de enxeniería técnica industral na especialidade de Químicas no Campus Lucense; para mellorar os accesos ó polígono de Monforte ou contra o incremento das tarifas eléctricas. E incluso fixo referencia a outras, que tamén foron aprobadas co respaldo dun dos grupos que conforman o bipartito provincial, como a que se opoñía á conxelación das pensións, a que rexeitaba a suba de impostor ou mesmo a que defendía a continuidade e utilidade da Deputación como institución.

Pola contra, cando o bipartito leva a pleno algunha iniciativa, xa sexa conxunta ou por separado, ou son “absurdas”, como moción do BNG do pasado mes de decembro sobre a creación da selección galega de fútbol ou a do PSOE coa que pretendía agradecer ó ministro de Fomento ó que aínda non fixo por Lugo e que, segundo salientou, “nin eles se respaldaron entre si”, ou “puxeron de manifesto o desencontro existente entre os socios de goberno ou, o que é o mesmo, que o seu pacto é de conveniencia”. A xestión do consorcio de bombeiros, o propio funcionamento e utilidade da propia Deputación; o convenio asinado co concello de Barreiros ou mesmo o reparto de axudas ás comunidades veciñais foron algúns dos casos ós que aludiu.

As ausencias dos membros do bipartito nas xuntas de goberno son “escandalosas” sobre todo no caso do José Ramón Gómez Besteiro, que, “sendo xenerosos”, non chegou a presidir nin a cuarta parte das xuntanzas celebradas. “Por sinalar algúns exemplos concretos que ilustren esta falta de adicación ás tarefas polas que cobran”, Barreiro referiuse ás xuntas do 6 de agosto e do 29 de outubro do pasado ano nas que estiveron presentes únicamente tres dos nove membros convocados e, segundo apuntillou, “non é un feito aillado”.

XESTIÓN INEXISTENTE E PARTIDISTA

Pódese concluir, ademais, segundo os populares, que a xestión realizada foi “mínima”. “Co agravante de que o pouco feito estivo sempre encamiñado a acadar rédito político, nunca a defender os intereses dos lucenses e da provincia no seu conxunto, e que moitas das obras recentemente executadas ou aínda pendentes de execución poderían estar xa rematadas porque veñen da etapa anterior do goberno do PP”, engadiu.

Un exemplo: das obras por importe de 26,2 millóns de euros executadas pola Deputación entre novembro de 2008 e decembro de 2010, nas que lóxicamente non se inclúen POS, canon e mantemento da rede provincial, máis do 80 por cento tiveron como destino concellos gobernados por socialistas e/ou nacionalistas.

Ademais, desatendeuse o abandonouse o patrimonio provincial (a residencia Miño ou o mirador de Mondoñedo son claros exemplos); retrasaronse “intencionadamente” a execución de obras pendentes da etapa anterior e que despois foron incluidas nos plans de actuacións “denominados extraodinarios”; non se puxo en marcha ningún polígono industrial novo (das 31 actuacións previstas, 29 xa integraban o cronograma previsto polo anterior goberno provincial e as dúas novas “casualmente” corresponden a concellos con alcaldes socialistas e igualmente chamativo que o deu Ourol leve agardando tres anos e medio o acondicionamento dos accesos.

“Quere dicir esto que se fixo pouco e o pouco que se fixo estivo determinado polo redito partidista que podía conlevar”. A este respecto, Barreiro referiuse o Lugo Emprega, “un plan oportunista que non ten como obxectivo poñer coto á lacra do paro porque si realmente esta fora a intención, a Deputación tivo tempo e medios para facelo”.

Neste contexto Barreiro fixo mención ó pacto polo emprego, vixente dende 2008 e con 3,4 millóns de orzamento, e que é tamén agora cando comenza a aplicarse. “Neste caso, o interese polo emprego do bipartito provincial queda en evidencia xa polo feito de que o 38 por cento dos 1,2 millóns de euros consignados para este plan no ano 2010 adicáronse a gastos diversos”.

Queda por dilucidar tamén que os cursos de formación que se están a impartir non capacitan profesionalmente ós participantes neles. “E non estaría mal”, engadiu, “que Gómez Besteiro explicara a razón pola que en febreiro de 2009 asinou un convenio con Ricardo Varela, daquela conselleiro de Traballo, para realizar accións formativas que non tiñan consignación orzamentaria”.

O voceiro dos populares na Deputación salientou tamén que tanto no plan complementario de obras, ó que se adican preto de 10 millón de euros, como na elección dos concellos nos que se construirán mini residencias para a terceira idade, para as que se consignaron 12 millóns, son “aplastantemente maioritarios” os concellos gobernados por socialistas e/ou nacionalistas, “e eso que o PP goberna en 34 dos 67 municipios da provincia e é a forza maioritaria en 48”, apuntillou.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive