13 de Agosto de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O BNG de Foz denuncia actos vandálicos contra o mobiliario urbano nas inmediacións da praia da Rapadoira

14-02-11

Nota de prensa

O BNG de Foz denuncia actos vandálicos contra o mobiliario urbano nas inmediacións da Praia da Rapadoira

Basanta afirma que “o goberno municipal non se toma en serio o vandalismo de fin de semana e segue sen tomar medidas para paralo”

Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen.

Foz a 14 de febreiro de 2011.- O BNG de Foz quere denunciar os actos de vandalismo contra o mobiliario urbano que se produciron este fin de semana nas inmediacións da Praia da Rapadoira. Estas desfeitas consisten en papeleiras arrincadas do seu soporte e tiradas á praia, un panel informativo esnaquizado e tamén arroxado á praia, varias canas das árbores da área recreativa rotas ou un banco de pedra do paseo marítimo desprendido e esnaquizado.

Todas estas accións contra os bens municipais prodúcense sempre nas noites do fin de semana e xa se está convertendo en algo habitual cerca da zona de ocio de Foz. O BNG, por este motivo, xa lle ten advertido en numerosas ocasións ao Goberno Municipal que hai que tomar medidas serias para parar estes actos e erradicalos de raíz, pero parece ser que para ao alcalde e o goberno municipal isto non é unha preocupación pois o vandalismo en Foz non só vai a menos senón que cada vez vai a máis.

O BNG si está preocupado por estes actos que non respectan o mobiliario público e que supoñen un gasto que temos que pagar todos os veciños e veciñas de Foz ademais de dar unha imaxe penosa do noso pobo. Por iso, e aínda que os culpables dos actos son responsables últimos destas desfeitas, instamos ao Goberno Municipal do Concello que asuman as súas responsabilidades en materia de seguridade e protección dos bens públicos e tomen as medidas necesarias para parar definitivamente estas actuacións.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive