15 de Decembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O PP de Burela anuncia obras da Xunta para reparar danos das inundación do ano pasado e no Camiño das Riveiras

16-02-11

Nota de prensa

O GMPP afirma que Medio Rural fará en marzo as obras do Camiño das Riveiras.

As obras de reparación dos danos das inundacións, a punto de contratarse.

O total dos investimentos ascende a doce millóns e medio das antigas pesetas.

O Grupo Municipal do Partido Popular de Burela (GMPP) manifestou hoxe que as obras da rede de pluviais do Camiño das Riveiras, que se fan con cargo ó PEIM de Medio Rural de 2010, e que teñen un importe de 27.000’00€, faranse no mes de marzo. Esta obra está financiada integramente con fondos da Xunta de Galicia; a propia Xunta xa solicitou as autorizacións pertinentes ó concello para a realización da obra.

Ademais, están en fase de contratación as obras de emerxencia para reparación de danos ocasionados polas choivas do mes de xuño. Estas obras comprenden actuacións nos camiños do Circuito, da Pena da Guía, do camiño que vai desde o Camiño Real ó cemiterio, das Pasadiñas ó punto limpo, o propio camiño do Punto Limpo, e no camiño do Monte Castelo. Nestes camiños actuou a Deputación de Lugo, pero en certos tramos estes camiños quedaron mesmo peor do que estaban. Ademais, actuarase na escolleira do Camiño da Folgueirosa.

O investimento destas obras de reparación dos danos das choivas ascende a 47.826’63€, e prevese que se levan a cabo no mes de marzo. Estas obras fanse a través da Sociedade Pública de Investimentos (SPI) da Xunta de Galicia.

O PP indica que o total do investimento que vai realizar a Xunta a través da Consellería de Medio Rural nestas dúas obras ascende a 75.000’00€, doce millóns e medio das antigas pesetas.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive