Nota de prensa
Marisol Soneira rexistrara unha batería de iniciativas parlamentarias
OS SOCIALISTAS PIDEN A FEIJOO O CESE DA CONSELLEIRA DO MAR, ROSA QUINTANA
-A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira asegurou que a consellería do Mar “é a expresión máxima dun modelo de facer política que se caracteriza pola improvisación, pola carencia de proxecto e de modelo, pola volta a fórmulas de fai décadas e pola salmodia dun mantra permanente: “a culpa é do bipartito” ou do goberno central”
-Dixo tamén que hai unha “falla total de liderazgo e de peso político da conselleira, a supeditación das políticas da consellería aos intereses orgánicos do Partido Popular”
– Denuncia que as principais confrarías afectadas por amplas zonas de zona “C” están radicalmente en contra; as empresas acuícolas están en contra, o PP da Mariña está en contra, as confrarías da Mariña están en contra. E por riba o Presidente da Xunta di que se está avaliando se Morás é o lugar idóneo
Santiago de Compostela, 8 de agosto de 2011. A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira pediu hoxe, en rolda de prensa, o cese da Conselleira do Mar, Rosa Quintana .A deputada socialista cualificou a xestión da Conselleira da reinstalación do marisco procedente de zonas C como “absolutamente patética”. Anunciou ademais que rexistrou unha batería de 14 iniciativas parlamentarias (4 preguntas en Comisión, 2 Proposicións, 3 interpelacións, 2 comparecencias e 3 preguntas en Pleno) nas que reclama explicacións sobre ese asunto.
Mais polo miúdo a portavoz de Pesca criticou a política pesqueira do Goberno de Feijoo. Asegurou que a consellería do Mar “é a expresión máxima dun modelo de facer política que se caracteriza pola improvisación, pola carencia de proxecto e de modelo, pola volta a fórmulas de fai décadas e pola salmodia dun mantra permanente: “a culpa é do bipartito” ou do goberno central”. Ademais criticou a política de nomeamentos da Xunta “onde primaron mais as afinidades persoais que a capacidade das persoas”, expuxo.
Dixo tamén que hai unha “falla total de liderazgo e de peso político da conselleira, a supeditación das políticas da consellería aos intereses orgánicos do Partido Popular”, e tamén “dependencia de Rosa Quintana de determinados poderes sectoriais, empresariais e sociais que fai que nos atopemos cun patético cadro que tivo a súa máxima expresión no tour que ten feito unha batea, nestes días, pola mariña de Lugo”. E incluso comparou este tour como o filme de paseando a Miss Daisy.
Os fitos pesqueiros do Goberno de Feijoo
Soneira tamén enumerou “os fitos” da política pesqueira de Feijoo. Na súa intervención aludiu a supresión da base de salvamento marítimo, prevista polo Goberno Touriño en Lires (Cee), e tamén a compra dun helicóptero de salvamento para a mesma cando xa estaba licitada a adquisición. Ademais lembrou que nestes intres “é o Goberno de Zapatero o que está executando as obras en na Costa da Morte e é quen ten licitado a adquisición dun helicóptero de altas prestacións”.
Criticou ademais que continuou modificando a Lei de Pesca, realizada na pasada lexislatura, que, entre outras cousas, permitía as concesións administrativas para que as mariscadoras puidesen dar o salto cualitativo que lles permitiría pasar a constituír cooperativas e xestionar os seus recursos dende un enfoque empresarial moderno e innovador.
Denunciou que emprendeu unha cruzada contra o furtivismo que, ate hoxe, solo acadou un maior número de incautacións de aparellos.
Suprimiu o Seguro Colectivo de Accidentes deixando tiradas a 30.000 persoas durante os meses de outono e inverno da pasada campaña. A solución estrela foi dar subvencións de entre 8 e 20 euros para contratar seguros individuais, polo que custa mais o trámite administrativo que a subvención concedida.
Asegurou tamén que a súa política “de procura de “amigos” en Europa para que defendesen as nosas posicións en materias tan diversas como o método analítico para a detección das biotoxinas, ou a reforma da Política Común de Pesca, “acabaron no mais estrepitosos dos fracasos e con consecuencias aínda non cuantificadas”. Ademais revela que este asunto “ten especial importancia, polo que ten acontecido estes días, teñen as xestións que pretendían unha moratoria da UE para a liberación das zonas “C” de producción de bivalvos, e vimos que o asunto acabou en esperpento e sainete”, ironizou.
Tamén lembrou a famosa Goleta que pasou de ser “estratéxica” para Galicia a suprimirse sen mais explicación.
E por último lembrou o episodio do cese do Presidente do Ente Público Portos de Galicia, onde á Conselleira Rosa Quintana colocaronlle a unha persoa do círculos de confianza e de amizades perigosas que ten Rafael Louzán.
Ademais aludiu as dúas medidas estrela anunciadas pola Conselleira do Mar este mesmo mes “unha Orde, para o acceso o permex das mariscadoras a pé, que -segundo ela- é todo un compendio de virtudes en favor das mulleres mariscadoras, xunto con dúas Ordes polas que crea novas zonas de producción de moluscos bivalvos”. Soneira cualificou a primeira medida como “o maior atentado contra a igualdade da muller no traballo que se ten producido por un goberno”.
Planta de Morás (Xove)
Sobre o caso do reasentamento de bivalvos en Morás dixo que esta xestión “esta dentro do surrealismo”. Argumenta que primeiro márcase unha zona, cualificada como “A” en Morás (Xove) a onde se deberán trasladar 450 toneladas de bivalvos para que alí, durante dous meses, se liberen das bacterias e outros microorganismos nocivos para a saúde e poidan ser comercializados en fresco. Sinala que no proceso inicial hai unha mortandade, nos primeiros cinco días, do 40% da ameixa fina trasladada. Os biólogos consultados aseguran que, ao longo dos distintos traslados e do período de reasentamento, os niveis nesta especie poden chegar o 60-70%. Denuncia que as principais confrarías afectadas por amplas zonas de zona “C” están radicalmente en contra; as empresas acuícolas están en contra, o PP da mariña está en contra, as confrarías da Mariña están en contra. E por riba o Presidente da Xunta di que se está avaliando se Morás é o lugar idóneo.
Replica ademais que durante todo un día “un barco do servicio de Gardacostas estivo paseando de aquí para alí unha batea, onde, teoricamente había que depositar os bivalvos procedentes de zonas “C” de toda Galicia que acabou en Lorbé”, e denuncia que mentres os furtivos tiveron barra libre en moitos lugares da Costa, xa que os medios encargados da súa persecución estaban “paseando a Miss Batea”.

















O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.



