25 de Agosto de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Burela FS non poderá desputar a última xornada de Liga pola sanción ao Puertollano FS

30-04-13

O Comité de Competición de RFEF sancionou ao Puertollano FS, club de Primeira División da LNFS, coa exclusión da competición coas consecuencias que prevé o artigo 77.2 do Código Disciplinario da RFEF, como autor de infracción moi grave tipificada no artigo 80 do mesmo corpo normativo por incumplir por cuarta vez consecutiva na presente tempada 2012/2013, a obrigación de abonar os honorarios arbitrais.

Tras esta resolución Puertollano FS non poderá disputar a última xornada de Liga regular, que se celebra este venres, na que se enfrontaba ao Burela FS Pescados Rubén. De igual xeito, tampouco poderá participar no Play Off de ascenso de Segunda a Primeira División.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive