O vindeiro domingo 2 de xuño celebrarase na igrexa de Santa María a Eucaristía do Corpus Christi ás doce do mediodía. Ó seu remate, sairá a procesión sobre as belísimas alfombras florais confeccionadas durante semanas por membros e colaboradores da Irmandade de Mulleres da Santa Cruz nos talleres de corte da tulla, recolección e cribado de café, tinta de sal e area, flores cos que formarán máis dun quilómetro de lonxitude de alfombra que comezarán a debuxarse sobre as empedradas rúas viveirenses a partir das dez da noite do sábado 1 de xuño A cruz parroquial abrirá a procesión seguida dos estandartes e directivas das Cofradías e Irmandades da Semana Santa de Viveiro, o Sagrado Corpo de Cristo baixo o palio, os nenos da Primeira Comuñón, as corporacións eclesiástica e municipal ata pechar coa Banda de Música municipal de Viveiro.
Alfombras do Corpus en Viveiro
Alfombras do Corpus en Viveiro
Relacionado
-
Convocado o XI Concurso de Fotografía Medioambiental ‘Xove, a súa costa e o seu mar’
-
O verán vai chegando ao seu fin, e con el tamén as diferentes propostas lúdico-educativas que programadas dentro de Cervo Concilia e Enredando no verán
-
Ata o 30 de setembro estará aberto o prazo para cubrir a solicitude de matrícula na Escola Municipal de Música de Xove para o vindeiro curso 2025-26