08 de Decembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Anselmo López Carreira presenta o seu último libro en Foz

02-12-13

HistoriaGaliza_2(1)A Asociación Cultural A Pomba do Arco organiza para este xoves día 5, ás 20.30 na Casa da Cultura Manuela presentación do último libro do historiador e profesor Anselmo López Carreira titulado “Historia de Galicia”. Libro que foi editado por Xerais neste 2013 e que xa se atopa nestes momentos nos primeiros postos en vendas no apartado historia de Galicia das principais librarías.

Estamos a falar dun libro que se facía necesario para o coñecemento da historia e da cultura do noso país. En menos de 300 páxinas o profesor López Carreira aborda a historia de Galicia dende a cultura dos petróglifos ata o momento posterior á ditadura franquista, rematando co período da transición democrática. Pero non só se nos fala de historia senón que tamén se abordan outros temas culturais, así fálanos das cantigas, dos poetas e dos escritores que naceron culturalmente no noso país.

Anselmo López Carreira é doutor en historia pola Universidade de Santiago de Compostela exercendo a súa profesión como catedrático de Historia no IES María Soliño de Cangas do Morrazo, ademais de ser profesor titor na UNED de Ourense.

Da súa extensa produción literaria podemos destacar os seguintes títulos: A revolución Irmandiña (1987), Martiño de Dumio; a creación dun reino (1996), A cidade medieval galega (1999), O Reino de Galiza (1998) ou Os reis de Galicia (2003) entre outros libros, aparte ter participado como coautor de varias das Historias Xerais de Galicia.

Todas as súas obras foron un revulsivo para o coñecemento da historia de Galiza que estaba ata ese momento oculta por unha historiografía oficial que reducía ao mínimo o papel que ten xogado o noso país na historia do estado español.

O profesor Anselmo López Carreira é un home de fala tranquila, que ten impartido infinidade de conferencias en Galiza, no territorio español e mesmamente en varios países europeos. Nas presentacións dos seus libros destaca pola complicidade co auditorio ao que lles pregunta e reclama que lle pregunten converténdose as súas presentacións en clases maxistrais sobre a historia de Galiza.

Para a asociación A Pomba do Arco é unha honra poder contar con este investigador de fama e prestixio recoñecido tanto a nivel galego como a nivel europeo.

Por iso queren convidar a todos e a tódalas mariñáns a que acudan este xoves, día 5, á presentación do derradeiro libro do profesor Anselmo López Carreira, titulado Historia de Galicia, para poder disfrutar da súa conversa.

O autor asinará exemplares do seu libro aos asistentes á presentación.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive