Ribadeo, 26 de marzo de 2014. O plan xeral de ordenación municipal será enviado novamente á Xunta, despois de que onte en pleno a Corporación convalidase os cambios introducidos no documento a requirimento da propia administración autonómica. O asunto foi aprobado por unanimidade. O alcalde, Fernando Suárez, anunciou que o Concello unirase ao recurso contra a reforma da administración local e provincial impulsada polo goberno do Estado hai uns meses. Barcia subliñou que “non queremos condenar á poboación de Ribadeo a non ter as mesmas posibilidades que tivo ata agora”.
O rexedor explicou que “neste pleno ordinario que celebramos esta noite pasada foron asuntos de importancia para Ribadeo, entre outros esta validación por parte do pleno destes cambios que tivemos que producir no plan xeral de ordenación municipal a requirimento da propia Xunta, segundo os escritos que nos mandou tempo atrás. Tivemos que actualizar aspectos dende o punto de vista técnico e formal. De aí que unha vez feito todo ese traballo laborioso e tedioso agora a unanimidade dos compañeiros da Corporación, de todos os grupos, validou todo iso e de maneira inmediata será enviado novamente á Xunta para que siga o seu proceso de aprobación definitiva, que é o que lle falta. Esperemos que sexa canto antes pero ao non corresponder ao Concello de Ribadeo ese acto, senón á Xunta de Galicia, non podemos dicir cando vai ser ese proceso. Pero si podemos dicir que estamos en lugares, en estadios inéditos, pois nunca a Corporación Municipal de Ribadeo chegara tan lonxe no intento de aprobar un urbanismo de todos e para todos”.
Desmantelamento do 065
No pleno tamén se aprobou unha moción, so cos votos do goberno municipal, “para pedirlle á Xunta a paralización do desmantelamento do servizo de transporte adaptado, do 065, e que se garanta á súa vez o desprazamento regular das persoas dependentes e a mobilidade das persoas con maiores dificultades. Digo isto porque agora mesmo estase desmantelando todo ese servizo e diso son ben conscientes os usuarios e os seus familiares, mesmo do centro de día, ou país de persoas con discapacidade que ata agora estaban indo a centros dependentes pero agora ou ben se lles reduce de maneira total ou brutal este servizo que tiñan á súa disposición e teñen que buscarse a vida como poidan. Volvemos ver como o goberno da Xunta nesta materia para aforrar ataca directamente aos servizos sociais e ás persoas máis desfavorecidas e máis necesitadas”, manifestou Suárez Barcia.
Reforma local e provincial
O alcalde ribadense relatou que “outra das propostas que se trataron onte foi esta que queremos formular dende o Concello de Ribadeo, xunto con outros moitos concellos do Estado, que é un conflito de defensa da autonomía local, unha especie de recurso de inconstitucionalidade contra a lei que aprobou recentemente o Congreso no que ten que ver coa reforma da autonomía local. É esta lei que marca aos concellos, de maneira profundamente inxusta, unha serie de competencias que non poden facer aínda que teñan recursos para elas”. Segundo Suárez Barcia “a partir desta lei, que entrou en vigor hai escasamente dous meses, hai determinadas funcións que os Concellos, entre eles Ribadeo, estábamos facendo e agora teoricamente, coa lei na man, non podemos facer. Estoume referindo a servizos sociais, a igualdade, a que Ribadeo teoricamente non pode ter unha escola de música porque non é unha competencia propia dun Concello desta entidade ou cousas que están tan de actualidade como que quizais con lei na man esta residencia que estamos facendo e que queremos xestionala dende aquí non a podamos xestionar nós senón que teña que facelo a comunidade autónoma”.
Fernando Suárez subliñou que “nós non queremos condenar á poboación de Ribadeo a non ter as mesmas posibilidades que tivo ata agora e non queremos que teñen diferentes posibilidades que outras persoas que viven en cidades en canto ao acceso a servizos públicos de calidade que dende hai 20 ou 25 anos están aquí á súa disposición. E non nos vale o conto de que se gasta, porque hai aspectos que nosoutros cumprimos dende o punto de vista económico e se temos remanente e aforro positivo e se cumprimos todas as medidas non nos teñen por que acernar a autonomía local. De aí que, xunto con outros concellos do Estado máis grandes e máis pequenos, queremos formular esta especie de recurso de inconstitucionalidade contra esta lei”. Esta moción contou cos votos favorables do equipo de goberno e do PSOE.
Situación económica do Concello
O rexedor aludiu á situación económica pola que está a atravesar o Concello: “non é a mellor dos mundos posibles, pero é a mellor que tivo o Concello nos últimos anos, sen dúbida, e podo ampliar esa cifra a unha chea deles. Seguimos desde hai tempo tendo aforro positivo, é dicir que entre o que ingresamos e gastamos sempre nos queda diñeiro”.
Suárez Barcia subliñou que “o nivel de endebedamento, que antes estaba fixado por lei no 110% dos ingresos ordinarios e que logo se baixou ao 75%, no Concello de Ribadeo está no 35%, aínda que poderíamos chegar ata ese 75. Esta é unha cifra moi baixa de endebedamento e ao mesmo tempo o período de pago de facturas a provedores, aínda non cumprindo co que marca a lei en estrito senso, ten un avance moi notable do tempo que se tarda en pagar aos provedores. Desgraciadamente hai varios anos podíamos pagar a un ano vista, que era unha circunstancia lamentable, e agora a principios deste 2014 toda a débeda de 2013 está pagada a 31 de decembro. Non cumprimos o pago entre 30 e 60 días, estamos un pouquiño por enriba e sempre mellorando. Agardemos que en pouco tempo poidamos cumprir tamén ese criterio tan importante para a economía e para a saúde económica dun Concello”.
Mal estado de vieiros provinciais
No capítulo de rogos e preguntas falouse do estado dalgunhas rúas de Ribadeo e dos vieiros provinciais. O alcalde dixo que “houbo unha petición dalgúns grupos que está secundada tamén polo goberno municipal. Hai que demandar da Deputación Provincial de Lugo que parte dese diñeiro que dixeron que teñen para amañar as vías provinciais, neste caso de Ribadeo, que o fagan canto antes xa que hai algunhas, mesmo a que vai por detrás do campo de fútbol, a que pasa por Cedofeita, Couxela, etc, que están nunha situación moi degradada e deplorable e constitúen un auténtico perigo para a circulación de persoas e de vehículos”. Fernando Suárez anunciou que “lle cursaremos á Deputación de Lugo un escrito urxente para pedirlle que tome medidas de inmediato. Despois hai unha serie de rúas que tomamos nota en Ribadeo, que se están amañando e aglomerando, e hai que proceder tamén ao tapado dunha serie de fochas, que se fará en canto se poida, pero con celeridade”.




















O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.



