17 de Novembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Avance na implementación do FEMP na zona pesqueira da Mariña-Ortegal: resolución de recoñecemento do GALP a Mariña-Ortegal e aprobación da súa estratexia

26-01-16

25 de xaneiro de 2016.- A Consellería do Mar, en data 22 de xaneiro de 2016, emitiu a resolución pola que se selecciona ao “Grupo de Acción Costeira (GAC) A Mariña-Ortegal” como “Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) A Mariña-Ortegal” e se aproba a súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativa (EDLP) para o período de programación do FEMP 2014-2020.

O financiamento indicativo asignado para aplicar dita Estratexia é de 7.619.688,84 € para todo o período, dos que 1.904.922,21 € cosrresponden a Custes de Xestión e os 5.714.766,63 € restantes corresponden ao programa de axudas a proxectos produtivos e non produtivos. Neste novo período do FEMP, o GALP conta con mais do doble de orzamento respecto ao programa anterior do FEP 2007-2013 (Había un orzamento total de 3.253.333,33 €).

Dentro da Estratexia, os principais retos xenéricos que se formulan son:
1. Incidir na necesidade do mantemento da actividade pesqueira, promovendo a mellora do seu prestixio que propicie o relevo xeracional dos oficios do sector e que favoreza a conciliación da vida laboral, familiar e persoal.
2. Reforzar o espírito de comunidade tendo en conta o papel dos axentes sociais para o desenvolvemento sostible do territorio.
3. Por en marcha iniciativas de valorización do mantemento e mellora dos recursos e produtos pesqueiros e marisqueiros a través da súa explotación sostible e a súa transformación.
4. Promover a xeración de emprego de calidade e iniciativas de emprendemento cun sector primario forte, estruturado e avanzado, garantindo a existencia dun tecido industrial forte que asegure a estabilidade laboral na zona.
5. Contribuír á fixación da poboación cunha boa calidade de vida a través da xeración de riqueza na zona costeira.
6. Conseguir que a Mariña-Ortegal sexa un destino turístico atractivo a través da posta en valor dos recursos patrimoniais e naturais, así como do impulso de actividades alternativas de lecer relacionadas co mar.

Os retos que se plantexan no sector pesqueiro son os seguintes:
– Acadar o recoñecemento da actividade pesqueira para a identidade do territorio e a economía da zona.
– Favorecer o desenvolvemento dunha industria de transformación e o aproveitamento dos recursos pesqueiros e marisqueiros.
– Mellorar as redes de comercialización dos produtos chegando a novos mercados ou mellorando os existentes.
– Acadar un recoñecemento en temas de calidade dos produtos e a sostibilidade da pesca artesanal.
– Mellorar as condicións de vida do sector e as súas rendas.
– Preservar os recursos mariños da zona costeira.

Na área de actividade económica, con especial incidencia no sector do turismo os retos son os seguintes:
– Facer da zona costeira un destino turístico con marca propia e común a todo o territorio.
– Acadar unha maior colaboración e conexión entre sectores e entidades, para a promoción de iniciativas integradas e conxuntas no territorio.
– Visibilizar unha maior colaboración da xente do mar co sector turístico.
– Desenvolver unha oferta turística variada que inclúa iniciativas alternativas e complementarias.
– Acadar un sector turístico máis profesionalizado.
– Afondar na desestacionalización do turismo.

En relación ao aproveitamento e posta en valor do patrimonio natural e cultural destacan os seguintes retos:
– Contribuír a que a zona costeira sexa máis coñecida, resaltando á referencia común para todos os concellos que conforman o GALP.
– Acadar un maior mantemento e posta en valor do patrimonio favorecendo o seu coñecemento, sobre todo no referente ao patrimonio marítimo.
– Poñer en valor o conxunto dos recursos naturais e culturais como reclamo turístico e incremento da riqueza no territorio.
– Promover un maior concienciación dos axentes sociais e institucionais, e á sociedade en xeral da necesidade de contribuír ao coidado e preservación do entorno natural.

Para conseguir estes retos, o Plan de Acción da Estratexia de Desenvolvemento Local do noso territorio, conta con seis obxectivos e cada un deles engloba varias liñas de actuación:

OBXECTIVO ESTRATÉXICO 1: Mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción de mocidade, en especial a través do aumento do valor engadido dos produtos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases da cadea de subministro dos produtos pesqueiros; e garantir unha actividade sostible promovendo o uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños.

– Obxectivo específico 1.1: Consolidar o posicionamento do produto pesqueiro da Mariña – Ortegal
Liña de actuación 1.1.1: Aumentar o valor dos produtos pesqueiros a través da súa transformación, comercialización e mellora na rede de distribución.
Liña de actuación 1.1.2: Reforzar a posición social do sector pesqueiro na comunidade costeira e mellorar as súas condicións de traballo.

OBXECTIVO ESTRATÉXICO 2: Creación de emprego e oportunidades económicas a través da diversificación da economía local das zonas pesqueiras cara novas actividades económicas, entre elas as que ofrece o crecemento azul e os sectores marítimos en senso amplo, favorecendo a formación, a innovación e o fomento do emprego.

– Obxectivo específico 2.1: Conseguir un modelo organizativo e innovador de desenvolvemento do sector pesqueiro na Mariña – Ortegal que garanta unha pesca e un aproveitamento sostible dos recursos mariños.
Liña de actuación 2.1.1: Promover a investigación para a posta en práctica de novos produtos e mellorar os aproveitamentos do mar.
Liña de actuación 2.1.2 : Mellora da eficiencia enerxética.

– Obxectivo específico 2.2: Crear e consolidar unha imaxe de marca do territorio da Mariña – Ortegal.
Liña de actuación 2.2.1: Promover sinerxías no territorio para facer unha promoción conxunta do seus produtos e recursos turísticos.
Liñas de actuación 2.2.2: Posta en valor dunha estratexia turística diversa e de calidade.

– Obxectivo específico 2.3: Facer da Mariña – Ortegal un destino turístico diferencial destacando as potencialidades do turismo mariñeiro.
Liña de actuación 2.3.1: Promover un maior desenvolvemento do turismo mariñeiro na Mariña – Ortegal.
Liñas de actuación 2.3.2: Promover unha infraestrutura hostaleira de calidade que estea relacionada co mundo mariñeiro.

OBXECTIVO ESTRATÉXICO 3: Fomento do aproveitamento sostible do patrimonio medioambiental das zonas pesqueiras, incluíndo operacións de mitigación do cambio climático e de transición a unha economía de baixas emisións de carbono.

– Obxectivo específico 3.1.: dotarse de novos instrumentos que garantan un maior coidado do medio natural e mariño.
Liña de actuación 3.1.1: Promover unha maior concienciación dos axentes sociais e institucionais, e á sociedade en xeral da necesidade de contribuír ao coidado e preservación do entorno natural.
Liña de actuación 3.1.2: Recuperación e posta en valor dos espazos naturais e tratamento de residuos.

OBXECTIVO ESTRATÉXICO 4: Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras.

– Obxectivo específico 4.1: Aumentar o patrimonio marítimo costeiro recuperado e posto en valor.
Liñas de actuación 4.1.1: Recuperación dos recursos patrimoniais do conxunto da zona pesqueira.
Liñas de actuación 4.1.2: Reforzar o papel que ten o patrimonio no desenvolvemento da identidade da zona costeira da Mariña – Ortegal.

OBXECTIVO ESTRATÉXICO 5: Reforzo das comunidades no desenvolvemento local e da gobernanza, dos recursos pesqueiros e actividades marítimas locais.

– Obxectivo específico 5.1: Poñer en práctica mecanismos de participación na xestión e no desenvolvemento do Programa de axudas.
Liña de actuación 5.1: Habilitar espazos e procesos de participación no desenvolvemento do plan de acción

OBXECTIVO ESTRATÉXICO 6 : Fomento da cooperación.

– Obxectivo específico 6.1: Incrementar a cooperación entre entidades do territorio e de fóra do territorio do GALP para reforzar a sinerxía e o establecemento de redes, na mellora dos diferentes sectores e no desenvolvemento das zonas pesqueiras.
Liña de actuación 6.1: posta en práctica de medidas encamiñadas a promover a coordinación e a colaboración dos diferentes sectores e territorios implicados no desenvolvemento da zona pesqueira.
Aínda que o GALP está recoñecido como tal e a súa Estratexia aprobada, de momento non se poden solicitar axudas, xa que os seguintes pasos para que o Grupo poda empezar a xestionar os fondos asignados son:
– Asinar un convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e o GALP A Mariña-Ortegal.
– Publicación por parte da Consellería da Orde de bases das axudas.

Esperamos que neste primeiro trimestre se abra a convocatoria de axudas e os promotores podan presentar xa os seus proxectos, pero de momento animámolos a que vaian vendo cales son as liñas subvencionables e si os seus proxectos poden encaixar nalgunha delas.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive