21 de marzo, equinoccio. A partir de agora, ata finais de setembro, os días teñen máis tempo de luz que de noite. Vese máis vida. Tempo de esperanza, a primavera.
Este ano, eleccións. Por partida dobre. En plena primavera, tempo no que medra a esperanza do futuro, está programado o acto de elixir o futuro que queremos.
Mais, coa vexetación medrando, a esperanza verde e florida de mellores tempos tamén permite que medren as malas herbas. As que poden medrar ate ocultar ou escamotear e ocultarse entre as boas.
Máis luz. Hai que usala para ver mellor: tanto a luz e o medrar das malas herbas son cousas do tempo, e unha pode axudar a non perderse coas outras. Para distinguir todas esas noticias falsas, datos falsos, ideas falsas, bosque de mentiras que fan dificultoso o facerse unha idea da verdade. Para poder elixir conscientes. De xeito que á hora da colleita, non recollamos veleno, dese que parecera estar de moda sementar e que se estende mesmo coa nosa axuda se non temos tento… E é que hoxe entendemos pouco de plantas e herbas, ocupados cada quen no seu embigo.
O mirar a primavera como tempo de futuro ten que ver coa visión, mais máis aínda coas nosas crencias, con como interpretamos o que vemos a partir delas, coas nosas supersticións. E ser crentes, ser supersticiosos, tamén implica andarse con tento coa superstición, que é todo un sistema, non unha crencia puntual que pronto se desmontaría. Un punto de irracionalidade? Si, somos humanos, seguro que o temos, anclado nas nosas crencias, no conxunto das nosas supersticións. Mais ser supersticiosos de verdade implica tamén un moito de manexo da situación, ser consciente dese sistema de crencias e actuar en consecuencia.
Es persoa supersiticiosa? Neste tempo (e sempre), faite un favor: anda con tento, vixía as malas herbas e actúa en consecuencia… sobre todo como persoa.






















A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
Os cortes de circulación aplicaranse desde as 12.15 horas ata a finalización da sesión vermú e, de novo, desde as 20.30 horas ata o remate das actividades festivas en ambas as dúas xornadas. O Concello agradece a comprensión da veciñanza e recomenda planificar os desprazamentos tendo en conta estas restricións temporais.
As familias, o equipo docente, e o alumnado da Escola Infantil Municipal desfrutaron esta semana dunha xornada de convivencia e aprendizaxe neste parque. Ao longo do día, ademais de visitar a reserva e coñecer de preto numerosas especies animais, compartiron un agradable picnic nas instalacións do parque e tiveron acceso tanto á zona exclusiva da reserva como ao resto do recinto. A xornada rematou cunha actividade moi especial: un pequeno teatro participativo sobre a prevención dos incendios forestais, no que os nenos e nenas aprenderon a importancia de coidar os nosos montes e de evitar condutas que poidan provocar lumes, como abandonar obxectos de vidro na natureza. Un día cheo de experiencias, convivencia e aprendizaxes que reforzan o compromiso coa educación ambiental desde as primeiras idades.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.
O Concello de Ribadeo atende así a petición realizada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo, que solicitou permisividade neste sentido aos 67 Concellos da provincia de Lugo. Ademais o Concello autorizou a instalación dunha pantalla na praza de Porcillán. A petición foi realizada pola Asociación Cultural Festas do Carme.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.
Villares gabou o traballo realizado e subliñou que “a implicación do tecido social e dos veciños e veciñas é clave para transmitir as tradicións que forman parte da nosa identidade e reforzar os vínculos da comunidade”. Na xornada principal deste xoves destacou a ofrenda floral na honra dos mariñeiros falecidos. O venres e o sábado celebraranse o Festival Folklórico Internacional e o Festival Folklórico Infantil respectivamente, organizados polo Grupo Mistura.



