Moito mudou o mapa electoral nas votacións de onte. Comezando pola capital compostelá, onde o ex alcalde Bugallo asinou un trunfo en clave persoal, axudado por unha candidatura transversal que sobiu a marca de 4 a 10 concelleiros, mentres Compostela Aberta (CA) pagaba o custo da división do espazo de cambio e unha manifesta falla de xestión transformadora e perdía a metade-5- dos seus antigos 10 concelleiros, o PP perdía un ( de 10 a 9) e o BNG mantiña os 2 que tiña.
Na Coruña Inés Rey pode ser alcaldesa, con 9 concelleiros , empatando en escanos, pero non en votos, cun PP que perde un, malia reter o posto de forza máis votada. Substituírá a Xulio Ferreiro que perdeu o 40% da representación da Marea Atlantica (10 no 2015, agora 6), mentres o BNG dobrou a súa representación, sobindo de 1 a 2. Tanto no suposto de Ferreiro como de Noriega demostrouse que os votos non teñen dono e que probàbelmente os mesmos sectores electorais que deixaron o PSOE no 2015 voltaron agora. En calquera caso, en ambas as dúas ciudades, o PSOE precisará para a estabilidade de cadanseus gobernos de pactos con CA e a Marea Atlàntica. Na Coruña unha improbàbel abstención dos de Xulio Ferreiro daríalle a alcaldía a Bea Mato.
En Ferrol Rey (PP) ficou ás portas da maioría absoluta (quitou 12 de 25) diante do fracaso de Ciudadanos, que perdeu a súa representación. Poderá gobernar o PSOE canda Ferrol en Ciomún (que perde a metade dos seus 6 concelleiros) e o BNG que obtén 2, mais aquí son precisos BNG, os comúns e máis o PSOE para construir un máis ca probábel tripartito.
O PP obtivo un bó resultado en Lugo, obtendo 10 concelleiros como candidatura máis votada, mais o BNG sobiu de 2 a 5, na súa mellor progresión na Galicia urbana e poderá cogobernar coa alcaldesa Lara Mèndez. Mentres, en Ourense, o PSOE poderá gobernar como forza máis votada, dende os seus 8 concelleiros, tendo en conta que Democracia Ourensá, con 7 concelleiros, non lle dará apoio ao bloque da dereita (PP +Ciudadanos).
O BNG obtén un grande trunfo en Pontevedra, ás portas do concelleiro nº 12 con case o 40% dos votos. Canda o PSOE é a forza que máis cumpriu os seus obxectivos, voltando aos concellos de Vigo (con 1) e ao de Ourense (con 2) e avanzando substancialmente en Ferrol, Lugo e A Coruña, mentres obtén o primeiro posto en 24 concellos con varias maiorías absolutas importantes.
Perden as distintas Mareas, polo menos nas principais ciudades. Perde Ciudadanos, que amosa a súa irrelevancia no noso País (Vox nin existe) e perde o PP, malia que amose aínda unha grande forza que non lle permitirá, porén, gobernar ningunha das grandes ciudades.
E gaña sobre todo o PSOE. Dende a inédita maioría absoluta de Abel Cabañero (20 sobre 27) e a maioría absoluta de Vilagarcía até as futuras alcaldías de Lugo, Ourense, Ferrol, Compostela e A Coruña.
Agás Vigo e Pontevedra as demáis ciudades galegas deron, na súa fasquía electoral unha grande reviravolta.

















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.



