20 de Maio de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Cs Burela esixe a Llano que aclare á opinión pública cal será o seu futuro político tras as eleccións do 26 de Maio

15-05-19

 Burela 15-5-19. Tras os resultados dos recentes Comicios Xerais, desde Cs Burela demandamos do señor Alfredo Llano que aclare a todos os veciños e veciñas deste municipio de forma nítida se aínda segue postulándose como cabeza de lista do PSdeG-PSOE en Burela para as próximas eleccións municipais.

Dicimos isto porque é de dominio público que o señor Llano figuraba nas listas electorais para as eleccións Xerais do pasado 28 de abril como suplente do señor César Mogo, que finalmente conseguiu acta de Senador pola nosa provincia en representación do PSOE.

Tamén é sobradamente coñecido que o señor Mogo é á súa vez estreito colaborador de Pedro Sánchez e desde Cs cremos que non sería desatinado que Mogo acabe ocupando un alto posto no Goberno de España cando pasen as próximas eleccións locais e, consecuentemente, renuncie á súa acta de senador para dar entrada ao señor Llano na Cámara Alta.

Se finalmente as nosas sospeitas cúmprense e prodúcese esta situación, o señor Llano estaría a incumprir unha vez máis a súa palabra dada ante toda a cidadanía de Burela cando anunciou que encabezaría as listas do seu partido para as próximas eleccións municipais. É máis, repetiríase un caso similar ao que protagonizaron os tamén socialistas Ismael Rego e Roberto Álvarez na década dos 80 cando Rego renunciou á alcaldía do entón concello de Cervo para irse ao Parlamento de Galicia e fose finalmente Álvarez quen gobernase como alcalde.

Llano e o resto de integrantes da candidatura socialista para as municipais en Burela comportáronse como trileiros políticos neste asunto. Tiveron tempo máis que suficiente para saír ao paso durante a pasada campaña e aclarar este particular, pero non o quixeron facer porque tanto a Llano como ao seu número dous, Ramiro Fernández, convenlles estar calados.

Se ao actual alcalde de Burela quédalle un fío de sinceridade e gallardía política debería renunciar ao seu posto de suplente para o Senado no momento de presentarse como cabeza de lista para as próximas eleccións municipais, pero preferiu xogar a dúas bandas para arrimarse ao sol que máis quente cando chegue o momento….o Sr. Llano quere xogar con dúas barallas e rirse dos veciños de Burela e deixar imposto un candidato, non presentado, o Sr. Ramiro.

É por iso que, esiximos ao señor Alfredo Llano, ao secretario local dos socialistas en Burela, Ramiro Fernández e ao secretario xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, que sexan claros e sinceros por primeira vez na súa traxectoria pública. Queremos que nos digan a todos os veciños e veciñas de Burela cal será a súa decisión se finalmente César Mogo renuncia á súa acta de Senador pola provincia de Lugo, o Sr. Llano seguirá de concelleiro en Burela ou nos enganará e irase para Madrid.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive