20 de Maio de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Alcalde de Foz salienta o investimento realizado pola Xunta na residencia de maiores. Javier Castiñeira visitou as novas instalacións coa Conselleira de Política Social

15-05-19

 Foz, 15 de maio de 2019. O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, valora positivamente a visita realizada hoxe pola conselleira de Política Social, Fabiola García, á residencia de maiores. O rexedor agradece o investimento realizado por este departamento da Xunta en Foz. Fabiola García tamén estivo no centro focense A Galiña Azul acompañada por Javier Castiñeira e polo director do Consorcio Galego de Benestar.
“Hoxe fixemos unha visita á residencia centro de día de Foz coa conselleira de Política Social máis o xerente do Consorcio Galego de Benestar e puidemos apreciar o funcionamento dunha residencia que leva practicamente dous meses xa traballando. Foi un investimento importante desta Consellería, máis de dous millóns e medio de euros entre a construción e o equipamento, e coa cesión ao Concello de Foz abriuse esa residencia para veciños deste municipio, para levar os que eran residentes do antigo asilo, que agora xa disfrutan destas novas instalacións, e a outra moita xente veciña de Foz que estaban noutros centros doutras localidades para achegarse á súa casa”, explicou o alcalde focense, quen tamén comentou: “percibimos que a xente está contenta e satisfeita. Era un servizo moi necesario e moi demandado no noso concello, e que entre o Concello de Foz e a propia Xunta de Galicia, coa colaboración da Consellería de Política Social e o Consorcio Galego de Benestar, conseguimos que este centro sexa hoxe en día unha realidade”.
Javier Castiñeira engadiu: “visitamos ademais a actual Galiña Azul e tamén estamos moi contentos coas instalacións que teñen os nosos máis pequenos, de 0 a 3 anos. Puidemos percibir, e foi unha petición que lle fixemos á propia conselleira, que a planta superior, que está sen arranxar, podería ser moito máis efectiva pois cun pequeno investimento poderían mellorar moitísimo as instalacións e poderíase incrementar o número de prazas, e con elo cubrir esa lista de espera que queda todos os anos, aproximadamente dunhas dez solicitudes. Polo tanto quedan eses deberes para a Consellería, pero o noso máximo agradecemento polos investimentos que fixo no noso concello”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive