Viveiro, 15 maio, 2019. O candidato do PP á Alcaldía de Viveiro, Óscar Rodríguez, deu a coñecer as medidas que desenvolverá no eido do benestar social. Por un Viveiro que “vive e no que contamos todos”, o popular compromete a creación dun novo centro de día ou servizo de atención diúrna para persoas maiores dependentes, un programa de envellecemento activo e unha escola de maiores. “Os nosos maiores deben ser sempre unha prioridade para todas as administracións e, especialmente, para o Concello”, indica.
O alcaldable tratou estas medidas, que desenvolverá “pensando e tendo como prioridade aos nosos maiores”, coa Conselleira de Política Social, Fabiola García, durante a visita que a responsable do departamento da Xunta de Galicia fixo hoxe á cidade.
Óscar Rodríguez explica que os veciños e veciñas demandan un centro de día mixto, que atenda a persoas con distintos graos de dependencia. “É un servizo moi necesario para mellorar a calidade de vida, ralentizando síntomas propios da idade”, engade.
A través do Programa Integral de Envellecemento Activo posibilitarase “a participación e dinamización social da veciñanza, con influencia na mellora da súa calidade de vida”, asegura. Este programa incluirá talleres de promoción de hábitos saudables e da actividade física, de estimulación cognitiva, de capacitación para as actividades da vida diaria, e de habilitades e creatividade. A Escola de Maiores é o espazo que se destinará ao desenvolvemento do programa de envellecemento activo, alternándose con outras instalacións municipais ou exteriores. O programa do PP tamén inclúe o compromiso de desenvolver un programa de acompañamento.
Coas familias e as persoas
Óscar Rodríguez defende que se está ante un programa “para todos” con medidas dirixidas a mellorar a calidade de vida das persoas e garantir o seu benestar. Pensando nas familias, o candidato popular defende a necesidade de crear en Viveiro un Punto de Encontro Familiar. Un servizo que preserva a relación entre as e os menores e as persoas das súas familias en situación de crise, procura a seguridade e o benestar das e dos menores, favorece a relación coas súas familias e facilita o cumprimento do réxime de visitas.
Ademais, o programa inclúe tamén a creación dun Centro de Emerxencia para Mulleres Vítimas de Violencia de Xénero e os seus fillos e fillas. Trátase dun centro de atención integral inicial, con carácter transitorio, das mulleres vítimas de malos tratos e dos seus fillos, que precisen un lugar de acollida con carácter urxente.
A maiores, Óscar Rodríguez desenvolverá un programa alternativo de ocio nocturno xuvenil, dirixido a mozos de entre 12 e 18 anos e outro de apoio á conciliación familiar nas vacacións. Trátase dun recurso complementario aos campamentos de verán que poida cubrir a segunda quincena de xuño, a primeira quincena de setembro e as vacacións escolares de Nadal. Ademais, esta demanda, unidade ao problema de inserción laboral que sofren as mulleres con fillos e fillas menores a cargo, da lugar á creación dunha bolsa de emprego cooperativo, mediante o cal as nais en situación de desemprego poderán inscribirse como coidadoras do programa.
Un Concello activo e saudable
O candidato do PP á alcaldía de Viveiro porá en marcha o Servizo Municipal de Deportes, dirixido por un profesional cualificado, coa participación dos distintos colectivos, clubs, colexios e asociacións deportivas, sendo as súas áreas de actuación o deporte escolar, deporte federado, deporte para todos, deporte adaptado e caza e pesca. No eido deportivo tamén comprometen a creación de zona de xogos tradicionais e populares e a habilitación dun área para o deporte ecuestre. Saúdos,Gabinete de Comunicación



















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



