25 de Xuño de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Inauguración da mostra “Disorders”. Estará aberta ao público ata o 28 deste mes na sala de exposicións da Casa da Cultura de San Cibrao

12-06-19

 Cervo 12-6-19. “Xolo”, usuario da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña, é un dos protagonistas desta exposición de pintura participativa conformada por 14 debuxos e ilustracións realizadas por persoas con problemas de saúde mental para ilustrar as cancións do disco “Disorders” do artista Carlos Morales.

Cada un dos temas está inspirado nun trastorno mental co fin de visibilizar a enfermidade tratándoa con normalidade, respecto e empatía.

Na inauguración participaron o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, e a concelleira de Sanidade, Mali Méndez, que arrouparon a “Xolo” xunto aos seus compañeiros do centro e a representantes da Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (FEAFES).

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive