25 de Agosto de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

As monitoras do Centro Gaia que dirixe a concelleira de Medio Ambiente, Noelia Mª Ben, realizaron unha actividade na praia de O Portelo titulada O laberinto do mar

21-07-19

Os participantes visitaron unha peixería para coñecer e recoñecer os peixes. Posteriormente participaron a pé de praia nunha actividade sobre a identificación, características e clasificación das especies a través dunhas fichas onde tiveron que relacionar debuxos de peixes co seu nome e clasificalos entre peixe branco ou peixe azul. Desde a Concellería de Medio Ambiente explican que “a través desta actividade preténdese valorar a importancia do medio natural e da súa calidade para a vida humana e tomar conciencia da importancia de manter a auga limpa de contaminantes”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive