09 de Agosto de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Este mércores inaugúrase no Forte de San Damián a exposición Raia na Area, de Ana Barranco

16-07-19

 Ribadeo, 16 de xullo de 2019. Este mércores, 17 de xullo, inaugúrase no Forte de San Damián, a exposición Raia na Area de Ana Barranco. O acto terá lugar ás 20:30 horas.
A mostra presenta obras de pintura e sedas. Permanecerá aberta ata o 31 de xullo e poderá visitarse de 11:30 a 13:30 horas e polas tardes de 18:30 a 20:30 horas.
Ana Barranco é licenciada en Belas Artes pola Facultade de San Carlos de Valencia e traballou para varias firmas de moda onde empezou a interesarse pola estampación téxtil e tratamento de tecidos. Esa labor fíxolle investigar sobre todo a seda e aplicar distintas técnicas utilizadas por pobos de todo o mundo, como as tribus Dogo, os precolombinos ou a aplicación do índigo en Asia que, nalgún caso, seguen utilizándose na actualidade. Deste xeito foi combinando as sedas coas súas obras pictóricas.
A obra que presenta nesta exposición pertence ao tema da memoria, o recordo e o esquecemento e todo o conxunto está marcado pola fraxilidade dos materiais utilizados como metáfora do tema.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive