18 de Setembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A corporación do Concello de Cervo amosa as súas condolencias aos familiares e amigos de Roberto Álvarez Fernández

16-08-19

Cervo, 16 de agosto, 2019. A Corporación Municipal amosa as súas condolencias aos familiares e amigos de Roberto Álvarez Fernández, que ostentou o cargo de alcalde do Concello de Cervo durante tres lexislaturas, dende o ano 1987 ata o 1999.

Infórmase de que se acordou arriar a bandeira do municipio tres días, entre as 13.00 horas deste venres 16 de agosto ata as 13.00 horas do luns 19 de agosto, como homenaxe ao falecido; durante ese tempo a bandeira permanecerá con crespón negro.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive