Burela, 22 de agosto de 2019. O alcalde, Alfredo Llano, valorou de xeito positivo o anuncio realizado polo delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, dun investimento de preto de 73.000 euros para remodelar a estación do tren e de autobuses de Burela. Llano lembrou que se trata dunha vella demanda, que é moi necesaria para mellorar a imaxe desas instalacións.
O rexedor contou que “tivemos hoxe a visita do delegado da Xunta, o señor Balseiro, para anunciar melloras na estación do tren e de autobuses de Burela, cuestión que xa viñemos reclamando hai moi tempo, xa reclamara persoalmente isto nas reunións que víñamos facemos periodicamente da comisión que tíñamos da Mariña con FEVE, a Xunta de Galicia e representantes de ADIF, que eran en Moeche ou en Ferrol”.
Llano lembrou que “xa estivo aquí unha empresa hai tempo para preguntarnos que tipo de melloras se podían realizar, estivemos con eles e fíxose todo de acordo con aquelas reclamacións que nosoutros formuláramos. Hai que ter en conta que a última reforma que se fixo nesta estación foi no mandato do ano 2007 ao 2011, cando gobernábamos nosoutros. Fixérase daquela unha boa remodelación e mellora en moitos aspectos, por exemplo na escaleira de acceso á estación, que é daquela época. E agora xa correspondía facer unha nova intervención na estación do tren e de autobuses de Burela porque consideramos que é moi empregada. Agora coa cadencia de autobuses que está habendo na Mariña máis a promoción que queremos facer do tren para que sexa un servizo público moi empregado desde logo necesitaba unha reforma en algúns aspectos como o mobiliario, a electricidade, a pintura, o teito da estación e todo o que sexa mellorable e que sirva para que os usuarios noten que temos unha boa estación”.
Para Alfredo Llano “tamén se vai facer unha cousa moi importante e que era moi necesaria, aínda que xa actuaramos nosoutros por iniciativa propia do Concello, para tapar unhas enormes fochancas na zona onde aparcan os autobuses, e agora esa superficie, que son aproximadamente 1.100 metros cadrados, vai ser asfaltado con dúas capas, o que vai repercutir nunha calidade extraordinaria. E por fin vamos darlle outra imaxe a esta estación”.
O alcalde de Burela engadiu que “todo o que sexa mellorar todos os ámbitos de Burela parécenos de marabilla e nós estamos aquí para colaborar e participar en todo o que se nos pida para que isto sexa unha realidade o antes posible. Son case 73.000 euros os que se van investir aquí e esperemos que toda xente note esta mellora que se vai facer”.




















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



