25 de Agosto de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Cervo xa se prepara para a XLI Queimada Popular do vindeiro sábado, 17 de agosto

12-08-19

 Cervo, 12 de agosto de 2019. A parroquia de Cervo xa se prepara para acoller, o vindeiro sábado 17 de agosto, a XLI Queimada Popular.
A cita foi presentada na Praza do Souto polo alcalde, Alfonso Villares, o edil de Turismo, David Rodríguez, e os representantes da Asociación Airiños do Xunco, Rafa Blas e Carlos Sanz.
Os actos arricarán ás 10:00 horas, coa apertura do XXIII Mercado Tradicional. Ás 12:00 horas será o paseo de “autoridades” acompañadas do grupo de gaitas Medio Quinhón.
Ás13:00 horas será a lectura do pregón por parte das “autoridades”.

Entre as 12:00 e as 16:00 horas, poderase mercar diferentes tipos de comida nos postos instalados na contorna.

Xa pola noite, ás 23:00 horas, está prevista a saída da comitiva da Queimada desde as Escolas Vellas ata a Praza dos Souto. E ás 23:45 horas será a agardada Representación. A continuación o toque musical correrá a cargo de Sintrom ni Son, A Compañía do Ruído, The Tetas´ Van e Malditos Pendejos.

Ao longo da xornada haberá diferentes actuacións de grupos de música tradicional.

A Queimada Popular está organizada pola Asociación Airiños do Xunco coa colaboración do Concello de Cervo, que convidan a veciños e visitantes a desfrutar desta xornada máxica na vila.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive