14 de Novembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Quedan 10 días para inscribirse na III Carreira Nocturna Rinlo-Ribadeo, que se celebrará o día 24 deste mes

14-08-19

 Ribadeo, 14 de agosto de 2019. Quedan 10 días para inscribirse na III Carreira Nocturna Rinlo-Ribadeo, que se celebrará o día 24 deste mes, sábado.
Desde a organización, que corre a cargo do Club Atletismo Ribadeo, explican que “fican 10 días para que se dispute a III Carreira Nocturna Rinlo-Ribadeo, que celebrará o sábado 24 de agosto, vencellando as vilas de Rinlo e Ribadeo na proba absoluta, de 8,7 quilómetros. O evento dará comezo ás 20:00 horas para as categorías dos cativos até alevín diante do Concello de Ribadeo e na contorna do Parque de San Francisco. Os infantís e cadetes terán a súa saída dende a Illa Pancha ás 21:30 horas, mentres que a proba absoluta será ás 21:45 horas dende a Praza de Santa Catalina, en Rinlo”.
Os organizadores deste evento deportivo engaden que “haberá trofeos para todas as categorías, incluíndo á derradeira e ao derradeiro atleta en cruzar a meta e agasallos dos patrocinadores ás diversas categorías: xamóns, botellas de viño de Rioja, bonos de fisioterapia, … O prato forte dos premios será unha caixa de 3 quilos de percebes, que se levarán os primeiros absolutos (home e muller) coa posibilidade dun premio económico de 50 euros se baten o récord da proba, que actualmente ten o atleta Simón González, en 00:29:10, e en feminino a atleta Ana Belén González Margaride, en 00:34:58. Todos os participantes da proba absoluta recibirán unha camiseta técnica, un frontal, un chapeu de palla, unha bolsa mochilera, unha entrada de balde para o Parque Laberinto de Rinlo, auga, zume, froita, barriña enerxética, bolería e un tique para unha consumición de Vaca Verde (bebida predilecta dos guateques dos anos 60, como o que se celebrará a noite do 24 de agosto no parque de San Francisco, de Ribadeo). Os atletas de categorías menores tamén recibirán a súa bolsa do corredor con avituallamento, na que atoparan un agasallo moi especial: un libro de Os Bolechas”.
As inscricións para participar na terceira Carreira Nocturna Rinlo-Ribadeo fanse en www.championchipnorte.com.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive