14 de Novembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Vexetación e paisaxe, é o título dunha actividade realizada este martes na praia de O Cabaliño polas monitoras do Centro Gaia, do Concello de Burela

14-08-19

Segundo explican “un grupo de nenos e nenas identificaron algunhas das especies principais existentes na nosa zona durante un tramo do paseo marítimo que transcorre entre a praia de O Portelo e a praia de A Marosa. Posteriormente no Cabaliño cada participante elaborou unha pequena guía a modo de herbolario co nome da especie e unha pequena mostra das súas follas. Para a elaboración da guía manexáronse guías didácticas con fotografías, nomes e características das especies”. Desde a Concellería de Medio Ambiente sinalan que “con estas actividades preténdese estar en contacto directo coa natureza, recoñecer, respectar e coidar a vexetación da nosa contorna”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive