Mondoñedo, a 30 de setembro de 2019. No salón de plenos da casa consistorial de Mondoñedo foi presentada esta mañá a nova liña de produtos da empresa Mariña Bienes y Servicios, acollidos á marca de garantía Horta de Mondoñedo. O representante da empresa, Jorge Losada, estivo acompañado pola alcaldesa, Elena Candia, e pola coordinadora da marca de calidade Horta de Mondoñedo, Zoila Gulín.
Mariña, Bienes y Servicios inicia a distribución de derivados do tomate, como son tomate frito, marmelada de tomate e tomate natural triturado, baixo a marca Hortas de Galicia, acollida á Horta de Mondoñedo. Por esta vía, a empresa dará saída ás pezas do tomate que produce que, pola súa morfoloxía, non son comerciais. Está previsto que a distribución da primeira remesa se inicie de inmediato. A firma mindoniense fará promoción dos seus produtos en grandes superficies comerciais.
A alcaldesa, Elena Candia, destacou o apoio prestado polo Concello para a creación da marca de calidade e na difusión dos produtos acollidos a ela. Asegurou que o Concello seguirá a respaldar este tipo de iniciativas e espera que a transformación do produto supoña creación de emprego. Candia recordou: «En novembro de 2018 presentouse na Consellería o texto para regular o uso da marca Horta de Mondoñedo, que foi informado favorablemente o 4 de febreiro. En 2018 e 2019, deseñouse o logotipo, contribuímos á impresión das etiquetas, regalamos bolsas de papel co logo para promocionar a marca e difundimos vídeos a través das redes e na televisión autonómica. Seguindo esta liña, hoxe presentamos un produto que conserva o valor engadido do noso tomate, que permite que se deguste fora de tempada».
Elena Candia explicou: «O seguinte paso é o impulso á creación da asociación de produtores de conservas de hortalizas de Mondoñedo; os estatutos xa están rexistrados. Unha vez constituída legalmente, impulsaremos proxectos como fixemos con Faba Verdina. Apostar pola nosa horta é unha aposta segura porque é apostar pola importante calidade dos produtos».

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



