15 de Setembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A Corporación do Concello de Mondoñedo amosa o seu profundo pesar pola terrible perda de Alicia Tella Villamarín, a histórica bibliotecaria da Cidade, esposa do escultor Juan Puchades e memoria viva do literario mundo de Álvaro Cunqueiro. E envía un profundo e sentido abrazo a toda a súa familia e aos seus amigos/as

09-09-19

Mindoniense dunha calidade humana exemplar, o permanente compromiso de Alicia có mundo da cultura e moi particularmente có do libro deixa en Galicia unha pegada inesquecivel. O sepelio terá lugar este mércores, día 11 de setembro ás 17.00 horas da tarde na Igrexa Parroquial de Santiago en Mondoñedo. A capela ardente está instalada no Tanatorio Morán.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive