19 de Outubro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O alcalde chama a unha nova negociación aos concelleiros nacionalistas do Valadouro

06-09-19

 O Valadouro, 6 de setembro de 2019. No pleno celebrado onte en Ferreira, o Grupo Municipal do BNG logrou facer prosperar tres mocións de suma importancia. Trátase das seguintes iniciativas:

-Axuda municipal de 100 euros para os estudantes de ESO do municipio, tal axuda debe ser investida en material escolar.
Debemos sinalar que o grupo do alcalde mostrou certa disconformidade acerca dalgúns puntos e finalidades da proposta, mais, con todo, saíu adiante.

-Revisión da Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello.
Aínda que se logrou aprobar, o grupo socialista tamén mostrou o seu desacordo sobre algúns matices da moción.

-Aumento da potencia eléctrica no local social coñecido como Escola do Cadramón.

Por outra banda, queremos facer público que o sr. Maseda (alcalde do Valadouro) contactou as pasadas semanas, en dúas ocasións, cos concelleiros do BNG. Polo cal, prevese que nas vindeiras semanas se inicie unha rolda de conversas co obxectivo de conformar un novo goberno bipartito.
De todos os xeitos, queremos sinalar que o BNG local traballará sempre a prol dos veciños do Valadouro, tanto desde dentro do goberno municipal como desde a oposición.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive