24 de Outubro de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O PP afirma que foi o único Partio en defender inversión para o abastecemento de Ribadeo cunha moción no Pleno

25-09-19

 Ribadeo, 25 de setembro, 2019. O PP foi o único Partido en defender inversión para o abastecemento de Ribadeo cunha moción no Pleno, e para a que a administración autonómica presentou un proxecto que valora as obras desta actuación en 5,7 millóns de euros, converténdose así “na primeira administración en falar da traída”.

Por iso, os populares esixiron ao Concello que poña a disposición deste servizo orzamento e os terreos para a renovación da traída de auga que daría subministro ao municipio. Deste xeito, segundo explica Daniel Vega, “o que pedimos foi a colaboración institucional, xa que buscar orzamento e axilizar os trámitos é tamén apostar e defender a Ribadeo”.

O PSOE púxose “de perfil” na defensa de Alcoa
Na mesma liña, e para sorpresa dos populares, o PSOE abstívose na moción presentada polo PP e na que se pedía unha “defensa clara dos 2.000 postos de traballo de Alcoa e da súa actividade insutrial, que representa máis do 30% do PIB de Lugo”. Para Daniel Vega a actidude dos socialistas foi “a de poñerse de perfil”, por tratarse dunha medida que ía dirixida a esixir a Pedro Sánchez a aprobación do estatuto que daría unha solución á grave crise que atravesa a multinacional.

O Concello “gasta máis do que ingresa”
En materia económica, criticaron que o alcalde incumprise a regra de gasto, pois o nacionalista, “sen dicir nada na campaña”, gastou medio millón de euros máis “do que debía”. E o que é peor, fíxoo, apunta Vega, en asuntos “superfluos”. “O certo é que nos enganou, pois o interventor presentou o seu informe o 21 de febreiro e Fernando Suárez preséntaa con 7 meses de retraso, cando é coñecedor de que hai un mes para presentala en Pleno”. En definitiva, conclúe o voceiro do PP, “gastou máis do que se ingresaba”; cuestión que “temos que denunciar porque cando se fai algo así debe ser para o beneficio de todos”.

Unanimidade para o Galeón
Os populares tamén acadaron a unanimidade na proposta na que se instaba á entidade local a intensificar as xestións para declarar BIC o Galeón e crear un museo na vila para dar a coñecer o patrimonio da ría, tal e como apunta Begoña Sanjurjo.

Plan de Residuos e estradas
Sobre a pregunta do plan de residuos, o que obtiveron foi evasivas, demostrándose así que non existe ningún plan a este respecto. O goberno tamén “botou balóns fóra” á petición de arranxo das estradas rurais. No primeiro caso, a contestación, segundo destaca Elena Sierra, foi que o camión saía todos os días, algo que é normal, pero no verán non foi así. No segundo, o que nos deron “foi o silencio por resposta”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive