Santiago de Compostela, 30 de setembro de 19. A portavoz de Urbanismo do Grupo Socialista, María Pierres, esixiulle hoxe ao goberno galego que leve a cabo a rehabilitación integral á que están obrigados de tres vivendas de Viveiro titularidade do IGVS, situadas no cruce de Rosalía de Castro con Fernández Victorio. Pierres presentou unha pregunta oral na Comisión de Obras Públicas do Parlamento para reclamarlle á Xunta que actúe.
A parlamentaria socialista lembra que os inmobles son de titularidade do goberno galego dende 2006 e que “o fin último para o que foron adquiridos foi a súa rehabilitación integral como vivendas de protección pública”. Acusou ao Executivo de “obviar a demanda existente neste Concello”, con 46 familias demandantes de VPP, 44 delas en réxime de aluguer, e 11 delas especificamente no casco histórico.
Censurou que o PP local “amosa sen reparos a súa visión selectiva, reclamando nesta vila a rápida actuación do Concello no abandono de vivendas de particulares, e non tanto no que é a propia administración autonómica a propietaria a lo menos dende hai 13 anos”.
Aludiu ás declaracións do delegado territorial da Xunta, Xosé Manuel Balseiro, apuntando á falla de demanda nunha adxudicación anterior esquecendo as condicións daquelas, con problemas de accesibilidade ou escaso espazo, polo que lle recomendou atender ás necesidades dos demandantes. Pierres considera neste sentido “complicado de explicar” o feito de que “é a propia Consellería quen favorece un estado de abandono” nas edificacións.
O feito chegou a que o pasado 15 de xullo a alcaldía do Concello trasladoulle ao Instituto Galego de vivenda un informe técnico sobre o estado das vivendas, cun nivel de degradación que chegou a provocar desprendementos do revestimento de fachada sobre o vial público. O informe técnico urxe a proceder ao desbroce da vexetación, eliminando tamén a súa presenza nas fachadas, a retirada do revestimento con risco de desprendemento e saneando as fachadas das edificacións.
Pierres ironizou coa actuación do goberno galego nas vivendas precisamente “nos días previos a esta Comisión, limpando cando menos a vexetación e tapiando algún oco de fachada polo que saían eses elementos vexetais”.
Anteriores declaracións de Balseiro, delegado territorial, insinunando non adxudicación das anteriores vivendas do Concello porque non había demanda, caqndo eran condicionadas, mala accesibilidade, pequenas,






















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



