24 de Setembro de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Sete plataformas veciñais constitúen a primeira rede galega de plataformas en contra de proxectos eólicos e liñas eléctricas abusivas

16-09-19

 A Mariña, 16 de outubro, 2019. Sete plataformas veciñais constitúen a primeira rede galega de plataformas en contra de proxectos eólicos e liñas eléctricas abusivas.
• A rede de plataformas ten como obxectivo: denunciar e frear os parques eólicos e liñas eléctricas que destrúen o territorio
• A nova plataforma conta con colectivos que representan a máis de 10 concellos diferentes de toda Galicia
• Maniféstanse a favor das enerxías renovables e sostibles, pero só se son ben planificadas e teñen en conta ás poboacións locais.
Nace unha rede que une a sete colectivos e plataformas veciñais de máis de 10 concellos, para defenderse dos proxectos eólicos e liñas eléctricas que ameazan a economía, a saúde e o medio ambiente das súas vilas e concellos.
O sábado 14 de setembro na Casa da Cultura de Mazaricos reuníronse representantes de sete colectivos veciñais de distintas partes de Galicia. As plataformas que se unen nesta rede son: Asociación de Veciños 3 maio de Campolongo (Negreira), Asociación de Veciños Vila do Monte de Outes, colectivo Non eólicos de Ordes, Plataforma non máis eólicos Campelo-Bustelo-Toural, Plataforma veciñal non eólicos de Mazaricos, Plataforma veciñal contra os eólicos de Ponteceso e Salvemos o Iribio.
Na asemblea decidiuse constituír unha rede galega para a defensa do territorio ante os proxectos de parques eólicos e liñas eléctricas que están propostos por toda Galicia con impactos moi negativos que poderían afectar de forma moi grave á supervivencia económica e social das vilas e concellos afectados. O obxectivo desta rede é visibilizar e denunciar o problema da non planificación da produción eléctrica e as súas consecuencias, frear os parques eólicos e liñas de alta tensión abusivas e inxustas, e defender o territorio.
Todas as plataformas estiveron de acordo, de forma conxunta e unánime, que estes proxectos están basados nunha lexislación obsoleta e que favorece á implantación dos parques eólicos, sostidos con capital estranxeiro, por riba do benestar, da saúde e da economía das poboacións locais, que teñen que soportar todas as consecuencias negativas destas instalacións.
Enerxía eólica si, se destrúe o territorio non.
Esta nova organización non se opón a produción de enerxía eólica, pero sí a aqueles proxectos que se dispoñen sin planificación no territorio e que non conlevan máis que consecuencias moi negativas para toda a veciñanza.
Denuncian que estes proxectos de parques eólicos se realicen de forma vertical, desde a empresa e a Consellería de Industria pero sen ter en conta a valoración e
consecuencias de todos os veciños e veciñas, e poboacións afectadas, non só en forma de consulta, senón de forma vinculante.
Nesta primeira asamblea tamén se falou do inxusto sistema eléctrico español, no que Galicia produce moita enerxía e, para iso, ten que soportar grandes infraestruturas, pouco planificadas e con consecuencias aínda sen estudar (estase a falar de tecnoloxía moi nova da que aínda non hai experiencia con ela, e menos tan próxima a núcleos rurais), e, pola contra, é a comunidade autónoma que paga a factura eléctrica máis cara de España.
Para máis información:

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive