12 de Novembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A Asociación de veciños O Vencello preocupada ante o aumento da inseguridade cidadá en Burela nos derradeiros meses

09-10-19

 Burela, 9 de Outubro de 2019. O Vencello acaba de remitir o presente escrito ó Concello de Burela así como ó Cuartel da Garda Civil de Burela:
A Asociación de Veciños “ O Vencello “ de Burela, ven de recibir numerosas inquedanzas por parte dos veciños con respecto ó incremento da inseguridade cidadá na nosa vila durante os derradeiros 2-3 meses onde se produciron diversos actos violentos contra persoas en varios lugares do noso Concello; e que esperemos sexan algo illado e puntual.
Sendo conscientes de que tanto a nosa Policía Local como o resto dos Corpos de Seguridade do Estado (Garda Civil) están a facer un moi bo traballo diario no que respecta á tranquilidade e seguridade da nosa veciñanza, os acontecementos recentes fan que se instale unha certa intranquilidade nos nosos veciños á hora de andar por determinadas rúas, zonas e espazos do noso Concello. Sendo tamén conscientes de que os recursos son limitados, dende a Asociación gustaríanos incidir en que se fixera aínda máis fincapé na vixilancia no noso pobo a fin de acabar con todas estas accións que poñen en perigo o benestar e o día a día dos veciños, principalmente de persoas de idade avanzada, máis indefensas e vulnerables ante actos de violencia e forza.
De ahí que demandemos do Equipo de Goberno e da Garda Civil pór tódalas medidas á súa disposición así como facer os trámites necesarios para conseguir que se aumente a vixilancia no noso Concello e devolver ós nosos veciños a maior tranquilidade posible antes de que os acontecementos cheguen a un punto de non retorno que xa sexa moito máis difícil de controlar e solucionar.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive