21 de Outubro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade acomete o repintado das marcas viarias no treito da VAC Costa Norte na Mariña

10-10-19

 Xove, 10 de outubro de 2019.- A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade iniciou hoxe os traballos de renovación da sinalización horizontal ao longo dos oito quilómetros de percorrido da Vía de Altas Capacidades (VAC) Costa Norte na Mariña, entre a glorieta de Beltrán (en Xove) e a glorieta de Area (Viveiro).

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, confirmou que está previsto que os traballos de repintado das marcas viarias rematen a vindeira semana, sempre que as condicións climatolóxicas o permitan.

A renovación da sinalización viaria conta cun orzamento de máis de 11.000 euros e busca corrixir a degradación da marca, propia do paso do tempo e da intensidade do tráfico. Deste xeito, mellora a visibilidade das liñas tanto en condicións de luz diúrna como de condución nocturna.

Os traballos contribuirán a aumentar a seguridade, eficacia e comodidade de circulación neste treito do corredor, polo que circulan diariamente en torno a 4.000 vehículos.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive