21 de Outubro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

As obras do parque de Suafonte rematarán en breve. Poñerase en marcha unha fonte con seis chorros iluminados e ampliarase a zona de xogos para nen@s

10-10-19

 Burela, 10 de outubro de 2019. As obras que o Concello está a realizar no parque de Suafonte están a piques de rematar. O proxecto inclúe a posta en marcha dunha fonte con seis chorros que se iluminarán pola noite. O alcalde, Alfredo Llano, considera que o espazo vai quedar moi bonito e atractivo, porque contará tamén cun miradoiro sobre o porto. O rexedor e o concelleiro de Obras, Ramiro Fernández Rey, visitaron hoxe a zona.
Llano contou que “as obras van facer un espazo atractivo, bonito e cun gran miradoiro para o porto, para o muro das pinturas de Amarte. Ten unha vistosidade extraordinaria o parque de Suafonte, que agora está moi ben situado”.
O alcalde dixo que “incrementamos o seu atractivo colocando seis chorros de auga que están programados e se que poden variar na súa cadencia. Tamén estarán iluminados pola noite, ademais pódense iluminar con diferentes cores ou manter un so cor para celebrar algún acontecemento especial como pode ser o día do cancro ou da violencia de xénero. Imos ampliar a zona de esparcemento dos rapaces con novos xogos e novas atraccións, e imos procurar organizar tamén as flores, as plantas e as árbores”.
O rexedor salientou que “pensamos que vai quedar un parque moi bonito, nunha zona central que vai dar lugar a ser visitada. Como queda pouco para culminar a obra, calculo que ben esta semana ou para a que ven quedará aberto ao público, que é o que queremos facer o antes posible”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive