Mondoñedo, 10 de outubro de 2019.- A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, expresou a súa satisfacción pola tendencia favorable que está a experimentar a seguridade cidadá no concello de Mondoñedo, segundo reflicten as estatísticas da Garda Civil.
Isabel Rodríguez deu conta da evolución da criminalidade en Mondoñedo na sesión que celebrou esta mañá a Xunta Local de Seguridade, que copresidiron a subdelegada do Goberno e a alcaldesa, Elena Candia. Na xuntanza, celebrada esta mañá na Casa do Concello tamén participaron representanes da Garda Civil, o Subsector de Tráfico, a Policía Autómica e a Policía Local.
A subdelegada informou de que a criminalidade experimentou en 2018 un descenso do 4,35% respecto ao ano anterior e nos oito primeiros meses de 2019 continuou a tendencia á baixa, con un descenso neste período do 45,16%.
De acordo cos datos oficiais da Garda Civil, a taxa de criminalidade en Mondoñedo no 2018 foi do 12,09 por mil habitantes. En total rexistráronse 44 infraccións penais, 26 por delitos graves e menos graves e 18 por delitos leves. Esta cifra supón que a delincuencia experimentou en 2018 un descendo do 4,35% con respecto ao ano anterior, cando se rexistraron no municipio 46 infraccións penais.
En canto á evolución da criminalidade neste ano, a evolución segue a ser favorable, xa que, segundo os datos dispoñibles, entre xaneiro e agosto rexistráronse 17 denuncias menos por infraccións penais, 14 menos que no mesmo período do ano anterior, o que supón un descenso do 45,16%.
O maior descenso produciuse nos delitos contra o patrimonio, que baixaron de 16 a 6 (-62,5%).
VIOLENCIA DE XÉNERO
A subdelegada do Goberno tamén fixo referencia á situación da violencia de xénero neste concello e informou de que entre os meses de xaneiro e setembro deste ano rexistrouse en Mondoñedo 1 denuncia por violencia machista. A cifra total de denuncias no ano 2018 foi de 4.
SEGURIDADE ESCOLAR
Isabel Rodríguez fixo referencia tamén ao labor da Garda Civil en materia de seguridade escolar. Neste sentido, detallou que no curso 2018/2019 a Garda Civil impartiu 8 charlas sobre acoso escolar, riscos na Internet e novas tecnoloxías, alcohol e drogas e violencia de xénero destinadas ás comunidades escolares do IES Plurilingüe San Rosendo e o CEIP Álvaro Cunqueiro. Especial impacto tivo a charla sobre violencia de xénero impartida no IES San Rosendo na que o Equipo do Plan Director da Garda Civil e a Unidade contra a Violencia sobre a Muller da subdelegación do Goberno contaron coa participación do cantante Blas Cantó.
AS SAN LUCAS
A Xunta Local de Seguridade tamén analizou o dispositivo que se organizará para velar pola seguridade das persoas que se congregarán no municipio con motivo da celebración das tradicionais festas das San Lucas, que este ano comezarán o día 17 coa chegada dos cabalos e rematarán o día 20.





















Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocará esta tarde a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.



