San Cibrao, 11 de outubro. A Vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, participou este venres na celebración do cincuenta aniversario do Museo Provincial do Mar de San Cibrao, o máis antigo de Galicia de iniciativa pública nesta materia.
Durante o acto púxose en valor a achega das mulleres na conformación do patrimonio que garda o museo coa descuberta dunha placa homenaxe, obra da artista Violeta Bernardo, co epígrafe “A voz das silenciadas”.
Ademais, a Vicepresidenta recolleu un arquivo cedido ao museo polos investigadores Chema Leal e Xosé Ramón Fernández Pacios, que recompila arredor de 3.000 documentos localizados en distintos arquivos galegos, españois e internacionais referidos ao papel das mulleres na vida ecónomica, social e cultural da Mariña Lucense entre 1650 e 1900.
O material, dixitalizado, servirá así como fonte documental para a investigación da historia da comarca con perspectiva de xénero. “Quen queira indagar como vivían as mulleres da comarca nese período histórico poderá recorrer a este arquivo que inclúe expedientes moi diversos: desde contratos matrimoniais ou denuncias por fillos non recoñecidos ata escritos que documentan as prohicións e normas que se impuñan ás mulleres para descargar sardiña meténdose no mar ou para ir segar a Castela”, detallou o investigador Chema Leal.
A xornada reuniu a antigos alumnos da escola unitaria que o 11 de outubro de 1969 comezou a funcionar tamén como museo, por iniciativa do mestre Francisco Rivera Casas. “O xerme foi unha iniciativa pedagóxica. Para achegarnos á cultura do entorno recolliamos cunchas, algas e outros obxectos relacionados coa vida mariñeira. Eses foron os primeiros fondos do museo”, relatou o xornalista Javier Rivera, un dos estudantes e neto do fundador.
Ante un público entre o que estaba o alumnado do CEIP de Cervo, Maite Ferreiro concluíu que “é obrigado coidar o patrimonio que atesoura o museo para legalo ás xeracións futuras como o recibimos” e agradeceu o traballo do persoal da Rede Museística Provincial. Ademais, lembrou que “a celebración do aniversario non remata con este acto senon que continúa cun programa de actividades que se extenderá nos vindeiros meses e que incorporará diferentes voces do tecido cultural e social da comarca”.























O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



