15 de Decembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, mantivo un encontro este martes no Pazo de San Marcos, coa representante da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, María Isla Avión

08-10-19

Fíxoo co fin de asinar o convenio regulador da subvención nominativa que achega a Deputación a esta entidade social, por un valor de 8.000€. A través desta axuda, a institución provincial colabora co Programa Vacacións en Paz, co que nenos e nenas saharauís pasan os meses de xullo e agosto con familias de acollida lucenses. Esta iniciativa realízase dende o ano 1991 e conta cun carácter marcadamente humanitario, no que os participantes reciben asistencia médica, unha boa alimentación ou aprenden o idioma e a cultura galegos.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive