13 de Novembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Ribadeo acolle a interfederativa de Confrarías do Cantábrico noroeste

08-10-19

 Burela, 8 de outubro de 2019. Ribadeo acolle esta semana a quinta edición da “Interfederativa de Confrarías de Pescadores do Cantábrico-Noroeste”, na que participan representantes das Federacións de Confrarías de Guipúzcoa, Bizkaia, Cantabria, Asturias, Lugo, A Coruña e Pontevedra, así como a Federación Galega de Confrarías.
A Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo organiza esta nova Xornada Técnica, que se celebra no Parador de Ribadeo o xoves 10 e venres 11 de outubro, para reflexionar sobre temas de interese das frotas artesanais, analizar a súa situación actual e os principais retos de futuro.
A apertura do encontro terá lugar ás 16.00h do xoves e durante a tarde os representantes das oito Federacións de Confrarías manterán unha Xornada Técnica onde se fará unha revisión das conclusións da cuarta Interfederativa, que se celebrou en Viveiro en outubro do ano pasado, e abordaranse diferentes temas xerais e de interese común, como os descartes, os permisos e diferentes criterios de peche da pesquería do bonito do norte, o reglamento OMNIBUS, o futuro dos fondos FEMP, a situación da sardiña ibérica ou os cupos de cabala propostos polo ICES.
O encontro pecharase na mañá do venres coa tradicional reunión de traballo conxunta entre representantes das Confrarías e das Administracións pesqueiras de España e as Comunidades Autónomas do Cantábrico. Está prevista a asistencia da Secretaria Xeral de Pesca do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación, Alicia Villauriz Iglesias; a Conselleira do Mar da Xunta de Galicia, Rosa Quintana; os Directores de Pesca das Comunidades Autónomas do Cantábrico: Galicia, Asturias, Cantabria e País Vasco; ademais doutros representantes de diferentes administracións e entidades do sector pesqueiro.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive