Burela, 9 de novembro, 2019. O Pescados Rubén Burela FS non puido dar a sorpresa na pista do todopoderoso FC Barcelona (7-2). Aguantaron os de Juanma Marrube ata o ecuador da primeira parte con 2-0; tras o descanso os galegos puideron reducir a vantaxe coa aposta de porteiro xogador con 5-2, aínda que os blaugranas, letais, contraatacaron con dúas dianas máis.
Aplicouse en defensa o equipo de Juanma Marrube co debut de M. Kaluza baixo paus na Liga, que tamén se converteu no regreso da Xoia Laranxa, Pitero, tras once meses apartado das pistas -desde o encontro fronte a Barcelona B en decembro de 2018- por unha pubalxia.
Os mariñáns contiveron o perigo do campión ata o minuto 10, cun disparo exterior de Arthur fronte a Álex Diz. Ferrao, nunha asistencia precisamente de Arthur, subiu o segundo blaugrana no 12. Salvaron os galegos a inferioridade tras a expulsión de Lucho e apostaron por Everton con xogo de cinco no último cuarto da primeira parte. Juanfran e o propio Everton probaron fortuna sobre a rede blaugrana nos últimos segundos, aínda que sen éxito.
Sergio Lozano ampliou ata o 4-0 nos minutos 25 e 26 en pases de Ferrao. Os burelistas recuperaron a aposta de cinco, con Álex Diz, a falta de 12 para o final, tras o quinto, de Arthur. Así chegou o primeiro do Pescados Rubén, rozando a segunda parte, en estratexia, de Luisma. En menos dun minuto subiu o segundo para os burelistas, con Álex Diz empuxando ao segundo pau, un pase longo de Renato. A pugna entre Ferrao e Renato fronte a Kaluza desde balón parado caeu ao lado local no 32 para subir o 6-2. Sergio Lozano selou o hattrick no 35.
Ficha técnica
FC Barcelona: Dídac, Boyis, Sergio Lozano, Ferrao, Joselito, cinco inicial; tamén xogaron Rivillos, Dyego, Roger, Aicardo, Adolfo, Arthur
Peixes Rubén Burela FS: M.Kaluza, Luisma, Pope, Everton, Álex Diz, cinco inicial; tamén xogaron Renato, Joselito, Loito, Matamoros, Juanfran, Pitero
Goles: 1-0, minuto 10, Arthur; 2-0, minuto 12, Ferrao; 3-0, minuto 25, Sergio Lozano; 4-0, minuto 26, Sergio Lozano; 5-0, minuto 28, Arthur; 5-1, minuto 30, Luisma; 5-2, minuto 31, Álex Diz; 6-2, minuto 32, Ferrao (p.p. Renato); 7-2, minuto 35, Sergio Lozano
Árbitros: Alonso Montesinos // Santander Flamarique. Por Barcelona amarela a Dyego (minuto 5), Rivillos (minuto 24), Sergio Lozano (minuto 35). Por Burela dobre amarela a Lucho (minuto 12 e 13).
Incidencias: Partido correspondente á xornada 8 de Primeira LNFS disputado no Palau Blaugrana
























Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
