Ribadeo, 9 de novembro de 2019. O Concello de Ribadeo, súmase de novo, por cuarto ano consecutivo á campaña de denuncia e sensibilización social contra a violencia de xénero promovida por vilas e cidades galegas baixo o lema En Negro Contra As Violencias co obxectivo de poñer sobre as axendas, coa maior contundencia posible e dunha vez por todas, a violencia machista como un problema público, de toda a cidadanía.
Desde a Concellaría de Igualdade e desde o CIM animan “ao sector do comercio e a todos os axentes sociais do municipio a implicarse na conmemoración do 25 de novembro. Ribadeo en negro. Propoñémosvos vestir de loito a nosa vila/municipio/cidade/concello, en sinal de dor por todas as mulleres que sofren violencia, e como resposta a máis dura das súas consecuencias, a morte. Porque consideramos que tedes o protagonismo das rúas de Ribadeo, e sodes o gran escaparate que pode transmitir á cidadanía a mensaxe de denuncia e solidariedade: queremos Ribadeo libre de violencias machistas!”.
E engaden que “do 18 ao 25 de novembro, viste a túa tenda, comercio, empresa, bar, posto do mercado,etc… de negro, viste os manequíns, os manteis do teu restaurante, ou a ti mesmo/a denegro. Este ano desde o Concello non contamos con material así que animámosvos a que aproveitedes o de pasadas edicións e baixedes carteis ou o que queirades da páxina web, https://ennegrocontraasviolencias.gal/”.
Así mesmo o 25 de novembro, día internacional contra á violencia de xénero, “temos previsto facer un acto colectivo no que poderá participar toda a cidadanía e do que informaremos en breve. Podedes seguirnos nas redes sociais, no facebook e twiter de IgualdadeRibadeo, onde vos iremos poñendo ao día”.























A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



