A Mariña, 27 de novembro, 2019. A UNESCO estableceu esa data no 16 de novembro, pero a RPC realizará actividades ao longo de 2 semanas. Será a terceira vez que esta entidade contribúa á visibilización do patrimonio cultural galego e das entidades que o promoven, protexen e poñen en valor, ofrecendo un calendario conxunto de actividades do tecido patrimonial e cultural de Galicia.
Así, entre as actividades destacan os roteiros organizados por O Sorriso de Daniel, Apatrigal, Petón do Lobo, Asociación Cova Crea, Asociación de Amigos do Patrimonio de Castroverde, Asociación Monte Pindo Parque Natural, Asociación Amigos do Arqueolóxico de A Coruña, Colectivo A Rula, Mariña Patrimonio, O Suido Irmandade Santo estuvo e Augas Santas. Tamén destacan as xornadas de antropoloxía, medio ambiente e protección do patrimonio a cargo de Monte Pituco e da Sociedade Antropolóxica Galega, o informe de Buxa a Asociación Galega do Patrimonio Industrial , o encontro Museoescola de Roxin Roxal na Fundación Uxio Novoneyra, mesas redondas coa participación da Asociación Profesional de Guias de Galicia…
Toda a información, horarios, lugares e días de actividades pódese consultar na web redepatrimonio.gal, onde tamén hai un mapa interactivo e os carteis con toda e cada unha das accións da RPC.