08 de Decembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Quince persoas asistiron á nova fin de semana tecnolóxica que organizou Apaga. O curso que se impartiu nas instalacións da Peugeot en Ribadeo, abordou a diagnose de avarías no automóbil utilizando o osciloscopio

17-11-19

 Debido á grande demanda existente, a finais de xaneiro volverá impartirse outra sesión sobre esta materia para dar resposta ás necesidades formativas e ás solicitudes da xente, tanto de técnicos de empresa como profesores.
O 21 de decembro terá lugar un novo curso, organizado por Apaga, sobre aplicación de pintura nos automóbiles. O presidente, Álvaro Doural, considera que “é moi interesante e moi demandado, debido á grande necesidade que hai neste momento especialmente de pintores nas empresas da Mariña”. As persoas interesadas en asistir poden contactar a través da web de Apaga, do correo electrónico da asociación que é apagaribadeo@gmail.com ou ben do teléfono 639 88 49 45.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive