05 de Agosto de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

“Carta aberta a Pedro Sánchez, presidente do goberno de España”, por J. Fco Ramalleira Fraga

27-06-20

Estimado Presidente.

Tómome a liberdade de dirixirme a vostede como militante socialista dende fai moitos anos. Por o feito de habelo avalado para que puidese presentarse o proceso de elección de Secretario Xeral do partido e por habelo votado en dito proceso.
Diríxome como extraballador de ALCOA e como mariñán preocupado por o futuro da fabrica de aluminio de San Ciprian e da Mariña en xeral.
A fabrica que ALCOA ten en San Ciprian foi inaugurada en Octubre de 1980 por o Presidente Leopoldo Calvo Sotelo, aínda que xa levaba en funcionamento un tempo.
Alí empezamos a vida laboral moitos rapaces, hoxe xa xubilados e relevados por novas xeracións, moitos deles fillos e netos dos que a inauguramos.
Desde esa data a fabrica converteuse no motor económico da Mariña e da provincia de Lugo, da que representa un terzo do seu produto interior bruto.
Dende sempre a empresa tivo que enfrontarse a dificultades. A maioría delas como consecuencia da complexidade que entrañan os procesos produtivos da obtención de Alúmina e Aluminio, así como do aleado do metal que ten lugar na fundición. Todas estas dificultades foron superadas por un grupo de traballadores que co seu esforzo e dedicación conseguiron facer o longo dos anos unha empresa modelo en seguridade, funcionamento e de calidade dos seus produtos.
Outras dificultades chegáronos dende o exterior do complexo e do proceso de produción: O cambio de titularidade en mais de unha ocasión, os prezos da alúmina, o aluminio e a enerxía …….…, e a chegada incomprensible dende o outro extremo de Galicia de uns bidóns con residuos tóxicos en decembro de 1987, que a dia de hoxe nos se sabe como acabaron en San Ciprian, e que ocasionaron a paralización das cubas. A maior crise ata o dia de hoxe. Todas estas dificultades foron superadas por un persoal humano entregado e comprometido.
Dende a súa posta en marcha pasaron por a presidencia do goberno Leopoldo Calvo Sotelo, Felipe González, José María Aznar, José Luis Rodriguez Zapatero, Mariano Rajoy e agora vostede. Nos momentos de dificultades que o longo destes anos tivo que enfrontarse a fabrica, todos eles tomaron as medidas necesarias e suficientes para manter a actividade e o proceso produtivo . Non sei si as medidas tomadas foron as mellores, pero en todo caso foron as necesarias e suficientes en cada momento.
Agora correspóndelle a vostede, e o seu goberno, tomar as medidas que sexan necesarias para manter a continuidade da actividade. Non queda outra. Si non o fai non so será o fin do proceso produtivo de obtención de aluminio, será tamén, e o que e mais grave, un golpe mortal a comarca da Mariña.
A Mariña lucense esta formada por 15 concellos que suman mais de 80000 persoas censadas. Esta fermosa e acolledora zoa norte da provincia de Lugo, esta a vivir unha importante crises industrial. As empresas mais significativas de cada concello foron cerrando sen continuidade, o sector do mar está a sufrir unha importante recesión como consecuencia, entre outras, dos cupos de capturas e os baixos prezos. Os portos de Burela e Celeiro xa non son o que eran fai uns anos. O sector gandeiro está sobrevivindo con enorme dificultades, os prezos da leite e dos produtos do campo case non cobren os custos de produción.
A Mariña dende sempre foi unha zona mal tratada por os diferentes gobernos, tanto autonómicos como estatais. Mentres moitas zonas presumen de AVE, nos non temos nin tren a capital da provincia. O tren da costa, o FEVE lento e arcaico, que une Ferrol con Oviedo ten o dia un só viaxe en cada sentido. Ata a autovía transcantabrica, a A8, abandona a Mariña, en dirección a Terra Cha, os poucos kilómetros de entrar na nosa terra, deixando as costas da Mariña e de Ortegal como as únicas do cantábrico sen autovía. E para colmo o abandonar a Mariña en dirección A Terra Cha regálanos O FIOUCO, un porto de montaña que moitos días o ano está pechado por néboa.
Pois ben, para esta comarca a fabrica de San Ciprian supón moito mais que unha empresa. Alcoa e o motor económico da comarca e paga en soldos directos os seus empregados o equivalente os presupostos anuais
dos 5 concellos mais poboados. Mais do 50% do total dos 15 concellos. A isto hai que engadirlle o que pagan as empresas auxiliares e todo o negocio que se desenrola o seu arredor. Moitos destes cartos van o
estado e a autonomía e concellos vía impostos. Aparte do consumo que os alcoanos fan na zona e na provincia.
O peche da fabrica de aluminio de San Ciprian sería un golpe tremendo para A Mariña e do que tardaría moitos anos en levantarse. Desexo, espero e confío en que tome vostede e o seu goberno a mellor decisión
que permita que a actividade produtiva se manteña na factoría de San Ciprian. Esta fermosa e traballadora terra o merecen e llo saberán agradecer.

Reciba un cordial saudo.
Fdo.: J. Fco Ramalleira Fraga

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive