06 de Agosto de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A Fundación Expomar asinou un convenio coa Deputación para a feira Produart e as Xornadas Técnicas, que este ano celebráronse telematicamente debido ao covid-19

31-07-20

 Burela, 31 de xullo de 2020. A Fundación Expomar asinou un convenio coa Deputación de Lugo para a feira Produart e as Xornadas Técnicas, que este ano non puideron celebrarse de xeito presencial debido ao Covid-19.
O alcalde de Burela e presidente da Fundación Expomar, Alfredo Llano, explicou: “tivemos a visita do presidente da Deputación para presentar unha iniciativa para fortalecer o atractivo turístico na Mariña e tamén para asinar o convenio de Expomar para este ano 2020. A Deputación está colaborando, tanto institucional como economicamente, coa Fundación Expomar. Este ano tivemos a anulación das Xornadas Técnicas de xeito presencial e de Produart, que teríamos que ter celebrado hoxe, mañá e o domingo xunto coa Feira do Bonito. Pero a Deputación segue mantendo ese vínculo con Expomar”.
Llano engadiu: “temos o mesmo interese en que o sector náutico pesqueiro estea ben representado e traballamos en conxunto para mellorar a situación sempre estando pendentes das necesidades do sector. Por iso consideramos que este convenio é fundamental e agradecémosllo á Deputación, como tamén á Xunta de Galicia, para facer as feiras, as xornadas técnicas e o encontro empresarial, que son moi importantes”.
No acto participaron ademais do presidente da Deputación, José Tomé, e do alcalde de Burela, Alfredo Llano, a concelleira Carmela López e o deputado Pablo Rivera.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive