Lugo, 10 de xullo, 2020. A cabeza de lista do PP por Lugo, Elena Candia, desenvolveu unha intensa actividade na última xornada da campaña electoral; no peche, fixo un chamamento á participación, a acudir a votar con total liberdade e sabendo que é plenamente seguro. Candia sinala que foi unha campaña “marcada por unha prioridade, a saúde, e, segundo lugar para falar do que lle preocupa á xente, a cada sector, a cada asociación….”. “Foi realmente especial, na que incluso participei en numerosas reunións de modo telemático. Foi unha campaña en positivo, explicando o que se fixo e dando a coñecer o que queremos facer”, apunta.
Tal é así que, ademais da participación do candidato Alberto Núñez Feijóo en actos comarcais e en mítines en Monforte, Chantada, Sarria e Lugo; do presidente nacional e do secretario xeral do PP, Pablo Casado e Teodoro García Egea, respectivamente; e do ex presidente do Goberno, Mariano Rajoy, dende o PP de Lugo desenvolvéronse uns 120 actos, entre os que se atopan repartos na rúa, encontros e reunións de traballo con representantes do tecido empresarial, asociativo, económico e social da provincia -Leite Río, Vrio Pack, Maquinaria Durán, Club Fluvial, portos de Celeiro e Burela, criadores de porco celta, queixerías, comunidades de veciños e asociacións de comerciantes, entre outros- para dar a coñecer o programa co que o PPdeG concorre a estes comicios, xa que “o valor dun programa electoral non se mide polas súas palabras, senón polos seus feitos”, matiza a popular. E para elo tamén se contou coa presenza doutros candidatos por outras provincias e de membros do Goberno galego con importantes responsabilidades na Xunta de Galicia como foron o número 2 da candidatura, Francisco Conde; o voceiro do PP no Parlamento, Pedro Puy; os conselleiros de Infraestruturas, Mar, Medio Ambiente, Medio Rural, Facenda e Educación, Ethel Vázquez, Rosa Quintana, Ánxeles Vázquez, José González, Valeriano Martínez e Carmen Pomar, respectivamente; así como do vicepresidente autonómico, Alfonso Rueda, do secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda; ou do secretario Xeral do PPdeG, Miguel Tellado.
O programa electoral do PPdeG está articulado en cinco eixes e que ten un dobre horizonte temporal: por unha banda, afrontar a pandemia e paliar as súas consecuencias económicas e sociais; e, por outra, deseñar a Galicia de 2030. Deste xeito, o obxectivo é que a comunidade, ademais de seguir reforzando o estado de benestar, recupere a senda do crecemento e se manteña firme no seu autogoberno e no seu galeguismo reformista.
O primeiro dos eixes pretende superar a pandemia e volver impulsar a economía con iniciativas como o Plan de reactivación económica. O segundo está encamiñado a facer de Galicia unha comunidade innovadora. Así, apóstase polas políticas en I+D+i; nunha Educación con máis plurilingüismo e máis inclusiva; e na adaptación dos sectores económicos tradicionais á sociedade dixital. O PPdeG tamén traballará por unha Galicia que sexa cada vez máis familiar e que avance cara o futuro con máis benestar. O reforzo da Sanidade Pública, o apoio ás persoas maiores e aos máis pequenos ou encarar o reto demográfico son algúns dos pilares deste terceiro eixo do programa electoral.
Por outra banda, avógase porque a Galicia de 2030 sexa máis verde, sustentable e ordenada: con menos emisións, cunha planificación forestal avanzada, cunha mellor xestión dos residuos e co remate do proceso de ordenación do territorio. O últimos dos eixos é a mellora das estruturas de gobernanza democrática de Galicia. Para iso, garántese a defensa da Constitución española e do Estatuto de Autonomía; lealdade co resto de administracións, sen deixar de defender o que lle corresponde a Galicia; o apoio dos galegos residentes no exterior; a aposta pola lingua, cultura e patrimonio; e o compromiso co Xacobeo 2021.
SEGURIDADE
Cun programa que se comezará a desenvolver dende o día 13, a candidata anima así aos lucenses a votar porque, ademais, todo está protocolizado e supervisado polos técnicos. “Animo a que o fagamos con total liberdade para que gañe Galicia, para que gañemos todos”. “Só hai dúas opcións. Por un lado, Alberto Núñez Feijóo, que representa a experiencia, a coherencia, a fiabilidade, as medidas previsibles e a responsabilidade; e, polo outro lado, un multipartito con intereses contrapostos, inexperiencia total na xestión e unha imposibilidade absoluta de saber que queren facer de Galicia”, sentencia.
PECHE DE CAMPAÑA CANDIDATOS
A cabeza de lista, Elena Candia, mantivo esta maña sendos encontros telemáticos. O primeiro con representantes do Porto de Celeiro e da Confraría de Pescadores, xunto ao tamén candidato José Manuel Balseiro, e no que tamén interveu Rosa Quintana. A continuación, Candia fixo o mesmo coas entidades de carácter social da cidade de Lugo APSNAIS, Cáritas Lugo, ALIAD Ultreia, Down Lugo e Asociación Española contra o Cancro de Lugo.
Cristina Sanz, Ramón Carballo, Encarna Amigo e Javier Vázquez Prado, acompañaron a Alberto Núñez Feijóo na visita que este fixo esta tarde á cidade. O número 2, Francisco Conde, pechou a campaña na súa vila natal, en Monforte de Lemos, acompañado da tamén candidata e voceira do Grupo Municipal do PP nesta localidade, Katy Varela.
Conde subliñou o compromiso do PPdeG con Galicia, con Lugo e coa cidade do Cabe, avalado pola experiencia, pola confianza e pola capacidade de xestión demostradas durante os gobernos de Alberto Núñez Feijóo. O candidato popular asegurou aos asistentes que o domingo disporán de todas as condicións sanitarias necesarias para desprazarse con seguridade aos colexios electorais, e animou a acudir ás urnas para permitir que a actual Xunta siga traballando cos autónomos, pemes e emprendedores de cara á reactivación económica e á recuperación do emprego de calidade en toda Galicia. Neste senso, o número 2 por Lugo antepuxo a experiencia demostrada polo PPdeG fronte ás alternativas que arroxa o multipartito, asegurando que as posibilidades de coalición téñense probado “ineficaces e caóticas” co Goberno de coalición en Madrid. Un Goberno, asegurou Conde, “cómplice cos desprezos a Galicia”, especialmente nos ámbitos industrial e laboral.
Susana López Abella e Raquel Arias clausuraron o período electoral na Zona Sur cun encontro sobre igualdade con representantes de dúas das asociacións sociais máis destacadas de Chantada. É o caso da asociación de familiares de enfermos de Alzheirmer AFA Chantada, que preside Enrique Rojo, e da asociación de persoas con discapacidade intelectural maiores de 18 anos, ASDEME.
En ambos os dous casos, recolleron as propostas dos colectivos que están a facer, sinalan, “un gran traballo na inclusión social”, e trasladaron as liñas programáticas do PPdeG nesta materia e que se levarán a cabo se este domingo Núñez Feijóo revalida a presidencia da Xunta. As populares asumiron así o compromiso de colaborar con estas entidades na medida en que isto sexa posible, ao tempo que coñeceron de primeira man o labor que realizan. No caso de ASDEME púxose en valor a prestación que ofrecen, con 25 prazas e manifestaron a súa satisfacción por non presentar ningún caso de coronavirus. Xa, a última hora da tarde, Abella, xunto aos compañeiros de lista Cristina Sanz, Encarna Amigo e Javier Vázquez Prado, mantivo en Lugo unha xuntanza con membros de Novas Xeracións da provincia; colectivo que preside a senadora Rosa Arza. O simposio, onde se abordou as políticas de igualdade e o proxecto político que lidera Núñez Feijóo para a mocidade, tamén contou coa participación do vicevoceiro do PP no Concello da capital, Antonio Ameijide.



















Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



