28 de Setembro de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Candia afirma que “o decreto lei era un atentado ás entidades locais” e lamenta que “os deputados do PSOE de Lugo volvesen preferir defender a Sánchez e non aos lucenses”

11-09-20

 Lugo, a 11 de setembro de 2020.- O Partido Popular de Lugo ao completo valora moi positivamente que o Pleno do Congreso rexeitase convalidar o decreto lei que recolle o acordo coa Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) para a cesión ao Estado dos remanentes municipais e que quedou, por tanto, derogado.

A presidenta provincial, Elena Candia, e nome de todos os populares lucenses, amosa a súa satisfacción polo resultado, pois a medida “era un atentado e saqueo ás entidades locais”. Por este motivo, Candia lamenta que “os deputados de Lugo na Cámara Baixa volvesen preferir defender a Sánchez e non aos lucenses”.

“Demostraron cales son as súas prioridades. Coñecen a situación da provincia e dos seus concellos, polo que votar a favor deste acordo é ser claramente cómplices do que ía ser o maior roubo nunca antes feito ás entidades locais”, indica a presidenta.

“Deslixitimados”
“Cremos que quedan deslixitamos para defender á nosa provincia en Madrid, como tamén queda deslixitimado o propio presidente da FEMP, Abel Caballero; principal promotor deste decreto lei”. E é que se trata da primeira vez que o Executivo de coalición perde a votación sobre a convalidación desta norma. “Este resultado debería supor un antes un despois para a entidade que, se supón, defende os intereses municipais”.

Alternativa de consenso
Neste senso, a máxima dirixente dos populares na provincia agarda que o Goberno plantexe unha alternativa ao decreto decaído, basada na unanimidade de todas as partes implicadas, é dicir, dos Concellos e das Deputacións e, en consecuencia, que conte co apoio de todos os alcaldes e responsables políticos, pois, di, “son estes os que estamos a pé de rúa e somos os que coñecen as verdadeiras necesidades dos nosos municipios e provincias”.

Ademais de ser “un atraco” ás entidades locais, Candia lembra que o Goberno actuou cunha prepotencia sen límites. “En ningún momento lles deu a oportunidade de negociar; unha cuestión, engade, que de prosperar podería agravar aínda máis a crítica situación que xa temos”. “Agora o que precisamos son políticas que reactiven a economía, non que aínda a empeoren máis”, conclúe a presidenta.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive