24 de Setembro de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Elena Candia convidou, no acto de irmandade das corporacións de Mondoñedo e Ferrol, aos xestores públicos a “facer un esforzo por acertar” ante unha crise sanitaria e económica tan importante

12-09-20

 Mondoñedo, 12 de setembro de 2020. A tenente de alcalde do Concello de Mondoñedo, Elena Candia, asistiu este sábado ao acto de irmandade das corporacións municipais de Mondoñedo e Ferrol que se desenvolveu no Centro Cultural Torrente Ballester de Ferrol coincidindo coa festividade local das Pepitas que foi aprazada en marzo por mor do coronavirus.

A dirixente municipal tivo un recordo para as persoas falecidas, familiares e contaxiados e recoñeceu o traballo constante dos profesionais socio-sanitarios e o esforzo doutros profesionais de sectores esenciais. Tamén tivo palabras afecto durante a súa intervención para todas aquelas persoas que se atopan nun Erte e os traballadores dos sectores máis afectados polas restricións como medidas preventivas para a contención da covid-19. Tampouco se esqueceu da delicada situación dos traballadores da planta de Alcoa en San Cibrao e da central térmica das Pontes.

Ante o inicio do curso 2020/2021, Candia quixo recoñecer o esforzo dos equipos docentes e as comunidades educativas “que están arrancando o curso escolar máis excepcional”.

Entendemento
A tenente de alcalde fixo fincapé en que “os actos de irmandade son un xesto de entendemento. E a irmandade entre Concellos e, polo tanto, entre territorios e entre pobos exemplifica o modelo indispensable para saír dunha crise sanitaria e económica tan importante coma a que estamos a vivir”. Así mesmo, recordou que, nestes momentos, “os xestores públicos teñen que facer un esforzo por acertar”.

“Son moitos os acontecementos vividos recentemente e a veciñanza falou o 12 de xullo apostando pola moderación e pola estabilidade. Debemos entender esa mensaxe e xestionala con intelixencia”, engadiu. “Os cidadáns pídennos entendemento” porque “da política espéranse solucións”. Nese sentido, Elena Candia quixo trasladar o seu ofrecemento nesta tarefa.

Obsequios para a corporación e os nenos ferroláns
A tenente de alcalde ofreceu tanto á corporación municipal de Ferrol coma aos rapaces e rapazas dos centros escolares ferroláns convites para visitar a Cova do Rei Cintolo, en Mondoñedo, no tradicional acto de intercambio de agasallos.

Elena Candia explicou que “queremos que tamén os nenos e nenas coñezan o achegamento entre os dous Concellos e, por suposto, os nosos recursos naturais, ademais do noso patrimonio histórico e cultural”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive