Para todxs aquelxs que a día de hoxe aínda non entenden porqué o PSOE votou en contra dunha moción que pretendía dar pequenos pasos para converter Viveiro nunha vila amable coas bicicletas, fágolles chegar algún dos argumentos que se escoitaron durante a sesión plenaria, xa que as gravacións dos plenos son inintelixibles.
A iniciativa máis empregada para dar solución ás bicicletas cando nun lugar non é posible instalar un carril bici por falta de espazo, son as denominadas ciclorrúas, que non consiste mais que en pintar no centro do carril -de doble sentido ou non- un símbolo dunha bicicleta que indica que as bicis teñen preferencia total fronte ao resto de vehículos, e que os conductores deben ser responsables nos adiantamentos asegurando a distancia obrigatoria de 1,5m. Segundo o concelleiro do PSOE de Viveiro, César Iglesias, non se poderían instalar xa que non hai víais de dous carrís para o mesmo sentido e estaríase, literalmente “facendo que a circulación de automóviles fose excepcional acarreando máis prexuicios que beneficios”. Alguén ten merecida unha viaxe para aprender de cidades como Zaragoza, Torrelavega e tantas vilas de Euskadi, Catalunya e Europa en xeral.
Outra das solucións propostas, son esas zonas pintadas diante dos semáforos nas que motos e bicicletas se poden colocar primeiro. Para algún, non están recollidas no código de circulación… Pregúntome se Compostela ou Barcelona son conscientes da ilegalidade das súas zonas avanzadas de espera, que atrevemento! Tamén se propoñía limitar a 30km/h as zonas urbanas tal e como recomenda a DXT, e xa sabemos todxs que pasa coas recomendacións… que ao pouco se volve norma e por iso xa son máis de 17 cidades no Estado as que están instaurando este límite entre elas A Coruña. Por certo! a Avenida da Mariña no seu paso por Viveiro xa está límitada a 30 km/h.
Pedíase tamén a instalación de máis aparcabicis, pero resulta que literalmente “temos de sobra e aténdense todas as solicitudes”, todas menos a do BNG de hai máis dun ano na que pedíamos a instalación de aparcabicis nas praias e paseo de Covas, zonas que a día de hoxe aínda están sen eles, por non mencionar o ambulatorio, o propio casco de Viveiro, ou mesmo en Cantarrana. Ollo que esta de Cantarrana tamén é a estrada que mais accidentes rexistra de toda A Mariña, reafirmada a tolería de reducila a 30 km/h.
Xunto cos aparcabicis tamén ía a proposta de permitir amarrar a bici a unha farola, unha sinal… Por un momento breve e sempre sen obstaculizar a circulación de peóns, para permitiren chegar á porta do establecemento ao que tes que ir a facer os recados fomentando así o comercio local tal e como avalan diferentes estudos, mais a desculpa para votar en contra e que se “deterioraría o mobiliario urbano”. Arrimar a bici a unha parede, menudo acto vandálico!
Caeulles tan mal esta moción nosa, que nin estiveron dacordo no punto de crear a comisión na que participasen asociacións interesadas (veciñais, deportivas…) do municipio, así como a un membro de cada partido politico. Resulta que se tiña que ter feito antes do pleno. Falta de información é o que salta á vista, pois o único cargo que ten a potestade para convocala é o alcalde ou alcaldesa.
Por falta de tempo non foi, xa que se entregou o texto desta moción a todxs xs portavoces dos grupos políticos con dous meses de antelación, e cunha actitude totalmente propositiva e colaborativa na que estabamos dispostxs a consensuar o texto, mais nada se soubo do PSOE até o día do pleno onde se opuxeron a todos e cada un dos puntos desta moción.
E con esa mesma actitude agardamos que sen máis dilación, a señora alcaldesa María Loureiro, convoque a ansiada comisión que solicitamos de novo o 5 de agosto na que sentarnos a buscar as mellores solucións para transformar Viveiro nunha vila máis humana, con menos ruído e contaminación, en denifitiva, mellorar a nosa calidade de vida.



















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



