26 de Outubro de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O padrón de habitantes de Viveiro aumentou en 116 veciños e veciñas neste 2020, con 403 altas desde o 1 de xaneiro

17-10-20

 Viveiro, 17 de outubro de 2020. O padrón de habitantes do Concello de Viveiro experimentou un incremento poboación no que vai de ano, cun total de 116 veciños máis con respecto ao 1 de xaneiro de 2020.

A poboación do municipio a primeiros de ano era de 15.511; nestes meses, producíronse 287 baixas e 403 altas, resultando un total de 15.627 persoas empadroadas actualmente.

Das 403 altas rexistradas, 52 corresponden a nacementos; 281, a cambios de residencia dende outro municipio; e 57, a cambios de residencia dende o extranxeiro.

Dende o equipo de goberno valórase positivamente este dato e agárdase que esta tendencia se manteña, tendo en conta, sobre todo, que Viveiro é un municipio no que adoitan residir moitas persoas que figuran empadroadas nos concellos limítrofes ou da comarca, polo que a poboación real de Viveiro é superior ás cifras que figuran no padrón de habitantes.

Neste sentido, o equipo de goberno engade que “sería bo que todos as persoas que residen e fan vida aquí, se animasen a empadroarse tamén en Viveiro”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive