Somos outra vez vítimas da política de asesores 2.0, que se inspiran nas series americanas de politiqueo. Quero pensar que isto é así, porque a opción de planear esta reforma da elección do Consello do Poder Xudicial en serio é cando menos preocupante, cando non un atentado á democracia.
Esta triste maroma política, de tentar premer cunha ameaza, para que o contrario mova ficha é unha xogada arriscada si de por medio perdes a credibilidade política a nivel europeo e ademais o contrario non gaña nada por entrar ao xogo, o farol saíu de todo mal, porque non tiña sentido. Algún rotativo europeo viña a titular “pouco nivel político dos lideres en España” moi acertado titular dende a miña opinión.
Porén este titular non é solo aplicado a unha banda do arco parlamentar, é xenérico e amplo, os debates no Congreso son cada vez máis malos e mais infantís sen afondar na política e buscando o xesto e a galería, agás os portavoces das formacións con máis tradición democrática coma o PNV ou ERC, gusten ou non gusten os seus argumentos, están a anos luz do resto. O nivel esperado é moi baixo como ben marca o rotativo francés.
Tanta culpa do esperpento feito, teñen o PSOE e UP coma o PP, que por interese propio do seu longo camiño xudicial, condenas incluídas, non lle convén cambiar un órgano democrático caduco dende 2018 en clara rebeldía coa Constitución Española que tanto defenden, parece cada vez máis claro que a lectura e respecto á CE vai por barrios ou é moi selectiva.
Mais abrir esta espita de reforma pode ser, ou debe ser unha oportunidade de dar un paso na construción dun Estado máis moderno e democrático, con estándares europeos. Porque non se propón unha reforma da elección que camiñe a unha menor politización da xustiza? Digo menor, porque pensar nunha xustiza sen peso político tampouco sería real. Existen modelos dos que podemos coller o mellor, desde a elección entre os xuíces á elección directa pola cidadanía, calquera opción é mellor que a actual e tamén é mellor que a de que sexa un parlamento por maioría simple sexa da cor que sexa.
Os xogos das maiorías é perigoso se non se teñen, e hoxe o PSOE e UP non son quen de facer esta reforma eles soíños.
Piñeiro Docampo
Sº XERAL DE CxG
MEMBRO DO CONSELLO DO PARTIDO DEMÓCRATA EUROPEO
















A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
A artista manchega, coñecida pola súa mestura de raíz tradicional e sonoridades actuais, ofrecerá un directo íntimo e cheo de forza o sábado 20 de xuño ás 22:30 horas. Será unha noite para gozar da música con calma, entre amigos, nun ambiente próximo e acolledor, onde as cancións se comparten case como se fose unha conversa arredor dunha mesa. As entradas xa están dispoñibles en woutick!, polo que se recoméndase adquirilas con antelación para non quedar sen sitio nesta cita única.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada, entre 12 e 19 horas, realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.



