Cómpre entender que os órganos de dirección política das administracións, en boa lóxica, teñen que ser unha sorte de equipos que xunten diferentes perfís de varias disciplinas. Ou así tiña que ser cando menos, na teoría da boa práctica política. Uns equipos que debatan e poñan en común, despois das discrepancias, os eixos de actuación. Desde unha xunta de goberno local ao propio Consello de Ministros, actúan de esta forma. Nos gobernos dunha soa formación e tamén en aqueles de coalición, nestes últimos baixo a premisa da lealdade e coherencia. Asistimos pois na política de España, nesa escalada de malas praxes políticas, a un novo ridículo internacional: a emenda aos orzamentos de Unidas Podemos. É a mostra clara de que non son de fiar.
O xogo está máis aló da simple emenda, dito sexa de paso que eu respaldo a petición neste momento de grave fractura social, é iso mesmo a facilidade do apoio á emenda é a demostración clara de que o movemento de Iglesias é táctica política que nada ten que ver co programa. Un movemento de política de partidos que non de política de servizo público. Que pretende Pablo Iglesias? pois é sinxelo, levar cara a ultra esquerda os apoios do executivo. Os obxectivos son claros, afastar a C´s e a PNV da axenda do Presidente, e con iso calquera xesto de moderación. Sobre todo a influenza do PNV que ven reforzado do resultado de Urkullo, tendo en conta que Podemos pasou de 11 a 6 en Euskadi, leva a Iglesias á aposta por Bildu. É unha acción desleal e retorcida, que busca que as políticas pivoten en UP, como ben saben no PSOE, e demostra o nerviosismo dos baróns. Otegui é listo e o movemento pactado con ERC e Iglesias comezou xa co anuncio de Bildu de apoio aos PXE, cun obxectivo máis que probable e segredo de xestos na política dos presos da ETA, cuestión preocupante cando se pacta sen luz e taquígrafos.
Sorprende a tamén deslealdade de Bildu e ERC co seu socio o BNG, cómpre sinalar neste punto a firma en plena campaña das xerais da declaración de Llotja de Mar, unha folla de ruta das forzas nacionalistas na acción política do Estado, pacto no que non están nin PNV nin CxG. Néstor Rego non está na foto da emenda, síntoma dunha enorme perda de peso na política do estado que sitúa na aritmética parlamentar ao Bloque na mesma posición que o Partido Rexionalista de Cantabria. Pedirá Ana Pontón explicacións a Otegui e a Junqueras? Non o creo, o desprezo foi demasiado duro. Soe pasar cando atendes á política catalá ou vasca de forma ideolóxica e Galicia ás veces é secundaria.
O caso é que Galicia perde un 11% de inversión nos orzamentos e a teórica unidade de acción de Llotja de Mar, asinada por Olalla Rodil e Bieito Lobeira de nada nos vale, como tampouco de nada nos vale a Ministra de Podemos e o Deputado de Coruña dos do PP e PSOE xa nada esperamos. Cando teremos o noso? Cando o loitemos sen mochilas ideolóxicas.
Piñeiro Docampo
Sº XERAL DE CxG
MEMBRO DO CONSELLO DO PARTIDO DEMÓCRATA EUROPEO



















Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



