20 de Xaneiro de 2021

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A CIG denuncia acoso sindical contra Kike Rocha, coordinador da plataforma da auxiliares de Alcoa

12-01-21

 A Mariña, 12 de xaneiro, 2021. Dende a CIG queremos facer público un atropelo á liberdade sindical que un dos nosos compañeiros ven sufrindo dende hai xa 3 meses.
Neste caso dito atropelo estase a cometer contra o delegado na empresa COTELSA e portavoz da “Coordinadora de empresas auxiliares” Kike Rocha.
Este delegado participou como asesor da CIG en todas as negociacións realizadas con Alcoa polo ERE presentado por esta compañía. A partir dese momento ven sufrindo un ataque e unha persecución sindical, sendo retirado do posto de traballo que viña ocupando durante os pasados sete anos, e sendo recolocado en traballos de menor cualificación e mandándolle realizar certos traballos para os que non ten formación.
Non é casual, que despois de tantos anos como profesional, e de anos de actividade sindical como delegado de persoal, sexa xusto agora cando é “necesario” cambialo de posto. Cremos que a labor que fai a representación sindical, dunhas empresas auxiliares coordinadas e organizadas para loitar polos dereitos dos traballadores e traballadoras deste colectivo (que obviamente afecta a Alcoa e as patronais das empresas auxiliares) está detrás do acoso a este compañeiro.
Este ataque non é máis que a intención de desmoralizar, desmobilizar, e que a ninguén se lle pase pola cabeza levantarse fronte aos intereses do boss que dirixe a fabrica. E quen mellor que o portavoz da parte máis débil do entramado para meter medo?
Dende a CIG descoñecemos se hai ou houbo unha orde de Alcoa de este ataque e COTELSA só é o executor, ou si pola contra foi a dirección de COTELSA quen decidiu realizar dito ataque. Sexa quen for nada cambia, e os ataques a nosa liberdade sindical debemos defendelos.
Ditos feitos están postos en coñecemento dos servizos xurídicos e xa hai fixada data de xuízo para o próximo 18 de Xaneiro.
Como non pode ser doutro xeito, agardamos o apoio de todos/as os traballadores/as de Alcoa e Auxiliares, e a colaboración nos actos de protesta que se poidan realizar.
Esiximos o cese no acoso, e na vulneración dos dereitos sindicais.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive