Quinielas
“Agora abren as súas ás e voan sabendo que o colexio sempre será a súa casa. Todo o profesorado lles desexa moita sorte para a vida”, comentou a directora do Sagrado Corazón, Begoña Sanjurjo.
Esta medida afecta ao tramo comprendido entre a antiga Conserveira e o Pósito, co obxectivo de garantir a seguridade viaria e facilitar a circulación, xa que durante este período o vial quedará habilitado en dobre sentido de circulación. A Policía Local agradece a colaboración cidadá e lembra que, para máis información, poden contactar no teléfono 982 562 922.
Alí tivo lugar unha entrega de diplomas. Ao acto asistiu o alcalde, Dani Vega. Desde o Concello agradecen a participación no programa Preto de ti e tamén o traballo dos técnicos municipais, que fan posible esta iniciativa.
A actividade, organizada en colaboración co Concello de Cervo, permitiu ao alumnado achegarse por primeira vez ao mergullo deportivo, combinando formación teórica e práctica nun entorno seguro e controlado. A segunda parte da xornada, prevista na Praia da Caosa, tivo que ser adiada debido ao mal estado do mar, pero buscarase unha nova data para completar esta experiencia única en contacto co medio natural. A alcaldesa Dolores García Caramés destacou "a importancia de ofrecer oportunidades educativas que promovan hábitos saudables e poñan en valor o noso entorno".
Tanto o Folgueiro League coma o Folgueiro League Baby desputaranse os días 12 e 13 de xullo.
A sala quedou pequena na tarde do mércores 18 de xuño para acoller a presentación do libro "Escultor y proyectista José Otero Gorrita. Entre Santiago de Compostela y Viveiro", obra de José Luis Otero González. O acto reuniu un numeroso público interesado en coñecer a figura e traxectoria deste artista fundamental na historia da escultura galega. A presentación contou coa intervención do autor, que afondou na vida e obra do seu avó José Otero Gorrita, así como coa participación de Felipe-Senén López Gómez, Francisco Javier Martínez Prieto e José Veiga Golpe quen destacaron o valor documental e artístico do traballo presentado. O ambiente foi de grande interese nun acto que serviu tamén para reivindicar a memoria do historiador de Viveiro Carlos Adrán Goás.
Sami Ashour, natural da localidade de Khan Younis, no sur da Faixa de Gaza, onde reside a maioría da súa familia, é o presidente da Asociación galaico-árabe Jenin, que agrupa a comunidade palestina residente na Galiza. A palestra Sami Ashour pretende achegar un testemuño de primeira man sobre o xenocidio israelí en Gaza e ofrecer unha análise sobre as condicións de vida poboación gazatí.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital